Quod non fecerunt barbari, fecerunt Barberini

Quod non fecerunt barbari, fecerunt Barberini é unha expresión latina que, traducida literalmente, significa: Aquilo que non fixeron os bárbaros, fixérono os Barberini.

Maffeo Barberini, Papa Urbano VIII.

Esta frase fai referencia a unha denuncia pública moi famosa feita polo pobo de Roma (aínda que se atribúe ao mantuano Carlo Castelli)[1] e que foi fixada sobre a estatua do Pasquino, a máis famosa das estatuas parlantes de Roma, contra o papa Urbano VIII (Maffeo Barberini) e a súa familia e na que se criticaban os seus excesos e a súa política de destrución da antiga Roma Imperial en pos da construción da nova e maxestosa Roma Barroca de Bernini, sendo un dos episodios máis tristemente lembrados aquel no que o Papa fixo retirar os casetóns de bronce da cúpula do Panteón para ser utilizada na construción do Baldaquino de San Pedro[2] e nos canóns do Castelo de San'Angelo.[3]

Varios autores atribúen o famoso pasquín acusatorio ao mantuano monseñor Carlo Castelli, embaixador do duque de Mantua. Segundo o crítico de arte, Sandro Barbagallo, no diario do propio Urbano VIII revelábase o seguinte:[4]

"(...) o axente do duque de Mantua, quen foi o responsable de ter colocado os carteis dese infame pasquín da familia Barbera como Barberina, enfermou gravemente e na cama pediu perdón ao papa Urbano VIII".

Porén, o autor tomara en consideración unha nota que circulou na corte papal, na que o médico persoal de Urbano VIII, Giulio Cesare Mancini expresou, bromeando, nos Avvisi di Roma, o 20 de setembro de 1625: "os bárbaros non fixeron o Barberini".[5]

Notas editar

  1. "Quod non fecerunt Barbari, Barbarini fecerunt". treccani.it. Consultado o 23-04-2019. 
  2. Puigverd, Antoni (12-12-2018). "Bárbaros y Barberinis". lavanguardia.com. Consultado o 23-04-2019. 
  3. "Barbari e Barberini: una “pasquinata“ ingiusta e apocrifa". storiainrete.com. Arquivado dende o orixinal o 23-04-2019. Consultado o 23-04-2019. 
  4. Colonnelli, Lauretta (25-04-2012). "Si chiamava Carlo Castelli il Pasquino di Urbano VIII". stmoderna.it. (publicación orixinal en Corriere della sera). Arquivado dende o orixinal o 02-02-2018. Consultado o 23-04-2019. 
  5. De Renzi, Silvia; Sparti, Donatella L. (2007). "Mancini, Giulio". treccani.it Dizionario Biografico degli Italiani. (cita de L. von Pastor, Storia dei papi, XIII, Roma 1961, p. 868). Consultado o 23-04-2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bossi, Gaetano (1898). La pasquinata Quod non fecerunt barbari fecerunt Barberin (en italiano). Roma: E. Filiziani. 
  • Cirici Pellicer, A. (1963). El barroquismo (en castelán). Barcelona: Ed. Ramón Sopena. 

Outros artigos editar