Quentin Maceiras

futbolista suízo

Quentin Maceiras, nado en Sion, Suíza, o 10 de outubro de 1995, é un futbolista suízo, de orixe galega. Xoga de defensa no Young Boys da Super Liga suíza.

Modelo:BiografíaQuentin Maceiras
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Sion, Suíza Editar o valor en Wikidata
Altura1,81 m.
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaSuíza Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
FC Sion

Traxectoria

editar

Nacido na localidade suíza de Sion, no cantón de Valais, é neto de emigrantes galegos. Seus avós paternos, José María e Mercedes, son naturais de Muros e Santiago de Compostela.[1] Afeccionado do Deportivo da Coruña, do mesmo xeito que a súa familia, durante a súa infancia acudía habitualmente nos veráns á Cidade Deportiva de Abegondo para ver adestrar os xogadores do club herculino.[1]

Inicios no fútbol

editar

Formouse na canteira do FC Sion, e tras militar nos modestos Sierre e Naters, regresou ao Sion para xogar no seu filial.

FC Sion

editar

O 25 de maio de 2016 debutou co primeiro equipo do Sion na Super Liga, nun partido contra o FC Luzern no Swissporarena, onde substituíu nos minutos finais a Léo Itaperuna.[2] Na seguinte tempada continuou compaxinando os partidos do filial coas convocatorias do primeiro equipo, e marcou o seu primeiro gol como profesional, na derradeira xornada da tempada contra o Grasshopper de Zürich no Stade Tourbillon.[3] Tras xogar xa 21 partidos na tempada 2017/18, subiu definitivamente ao primeiro equipo na seguinte campaña, na que disputou 30 partidos da Superliga, os mesmos que na 2019/20.

Young Boys

editar

O 8 de agosto de 2020 fíxose oficial a súa fichaxe polo BSC Young Boys, campión da Super Liga na tempada anterior,[4] e adestrado polo tamén descendente de galegos, Gerardo Seoane. Debutou o 26 de agosto, nun partido da segunda rolda clasificatoria para a Liga de Campións ante o das Illas Feroe, no cal saíu de titular, gañando o seu equipo por 3-1. Con todo, o equipo acabou eliminado no partido de volta, polo que só puido acceder á Europa League, onde foi eliminado nos oitavos de final polo Ajax. Na Super Liga, o equipo de Berna proclamouse campión con 31 puntos de vantaxe sobre o Basel.

Na tempada 2021/22 o Young Boys conseguiu acceder á Liga de Campións, despois de derrotar na fase previa ao Slovan Bratislava, o Cluj e o Ferencvárosi. Quentin Maceiras debutou na máxima competición continental na derrota pola mínima da segunda xornada contra o Atalanta no estadio Atleti Azzurri d'Italia de Bérgamo, entrando nos minutos finais como substituto de Silvan Hefti.[5]

Palmarés

editar
Young Boys
  1. 1,0 1,1 Miranda, Carlos (27 de agosto de 2021). "Quentin Maceiras, deportivista de Champions" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  2. "FC Luzern - FC Sion 2016". Transfermarkt (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  3. "FC Sion - Grasshopper 2017". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  4. "Quentin Maceiras wechselt zu YB". BSC Young Boys (en alemán). 11 de agosto de 2020. Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  5. "Pessina deshincha el globo del Young Boys". Sport (en castelán). 29 de setembro de 2021. Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar