Quark cume
Quark cume (t) | |
---|---|
Clasificación | |
Partícula elemental | |
Fermión | |
Quark | |
Terceira xeración | |
Quark cume | |
Propiedades | |
Masa: | 307,5 ± 4,1 · 10−27 kg 172.500 ± 2.300 MeV/c2 |
Carga eléctrica: | + e |
Carga de cor: | Cor |
Spin: | |
Vida media: | ≈10−25 s |
Antipartícula: | Antiquark cume () |
Interacciona con: | Gravidade Interacción débil Electromagnetismo Interacción forte |
O quark cume (máis coñecido como Quark Top, segundo a súa denominación en inglés), é unha partícula elemental que pertence á terceira xeración de quarks. Ten unha carga eléctrica igual a +⅔ da carga elemental e un spin de ½ (indicativo de que é un fermión e polo tanto cumpre o principio de exclusión de Pauli). Como os demais quarks, os quarks cume senten a interacción forte e teñen carga de cor, así mesmo o antiquark cume ten carga de anticor.
Características
editarÉ o máis masivo dos quarks, tanto como os núcleos atómicos do ouro. Debido á súa inmensa masa (para ser unha partícula elemental), é moi inestable, que decae en menos dun yoctosegundo, co que non ten nin tempo para formar hadróns con outros quarks no proceso chamado hadronización (os científicos esperan grazas a este feito o poder observar e medir as propiedades dun quark illado, que polo dito non será deste tipo).
Foi o último dos quarks postos en evidencia, en 1995 no Fermilab. Polo momento, e ata a entrada en funcionamento do LHC, o Tevatron do Fermilab é o único acelerador de partículas o suficientemente energético para producir quarks cima, formados ó colidir un protón e un antiprotón cunha enerxía de 1,96 teraelectronvoltios. Logo da súa curta existencia, case sempre decae nun bosón W e nun quark fondo. En principio, os científicos pensaron chamalo "quark verdade" (Truth, debido posiblemente a que o seu descubrimento confirmaba a teoría correspondente), pero co tempo quedóuselle o nome de quark cima (Top).
Este quark dota ós hadróns que forma cun número cuántico chamado 'altitude' (posible tradución de "topness"), que se define como o número de quarks cume menos o número de antiquarks cume que o forman. Este número cuántico, do mesmo xeito que a "estrañeza", o "encanto" ou a "beleza" (número de quarks s, c ou b presentes nunha certa particula, menos o número dos correspondentes antiquarks que a forman), pode ser violado pola interacción débil, pero non pola interacción forte nin a electromagnética, que conservan o sabor dos quarks.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarPartículas fundamentais en Física (lista, táboa) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fermións | Bosóns de Gauge | ||||||||
Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | |||||
Arriba | Encantado | Cume | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | |||
Abaixo | Estraño | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs | |||
Outras clases, partículas compostas e outras | |||||||||
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón | |||||||||
Termos relacionados | |||||||||
antimateria - partícula subatómica |