Fermilab
O National Accelerator Laboratory, ó que en 1973 se lle engadiu o nome de (Enrico) Fermi, pasando a chamarse Fermi National Accelerator Laboratory, é unha instalación arredor da aceleración de partículas subatómicas situada preto de Chicago.[1] É a base de lanzamento de partículas para o experimento DUNE, 'Deep Underground Neutrino Experiment'.

Vista aérea do Fermilab cos aneis do Tevatrón en primeiro plano.
Foi a sede do Tevatrón, un avanzado acelerador de partículas que operou entre 1987 e 2011.[2]
NotasEditar
- ↑ Barbu, Brianna. "A Fermilab family legacy". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2021-04-04.
- ↑ Charley, Sarah. "The odd(eron) couple". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2021-08-23.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fermilab |