Laboratorios nacionais do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos

Os laboratorios e centros técnolóxicos do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos son un sistema de instalacións e laboratorios supervisados polo Departamento de Enerxía dos Estados Unidos (DOE) para a investigación científica e tecnolóxica. Uns 16 dos 17 laboratorios nacionais reciben fondos fecerais e están administrados e operados por organizacións privadas baixo contrato co DOE.

Este sistema de laboratorios nacionais centralizados xurdiu a partir das investigacións e descubrimentos científicos levados a cabo durante a segunda guerra mundial, na que as novas tecnoloxías descubertas como o radar, o ordenador, a espoleta de proximidade e a bomba atómica resultaron ser decisivas para a vitoria dos Aliados. Durante os anos 1930 e 1940 o goberno estadounidense destinou grandes cantidades de recursos para as investigacións científicas relacionadas coa guerra, baixo o auspicio primeiro do Comité Nacional de Defensa e posteriormente da Oficina de Investigación Científica e Desenvolvemento, organizadas e administradas por Vannevar Bush.

Laboratorios nacionaisEditar

en Pittsburgh, Pensilvania (1910)
en Morgantown, Virxinia occidental (1946)
en Sugar Land, Texas (2000)
en Fairbanks, Alasca (2001)
en Albany, Oregón (2005)

Centros tecnolóxicosEditar

A maiores Knolls opera o sitio Kenneth A. Kesselring en Milton, Nova York

* Pertencente ó goberno, operada por institución privada

** Pertencente ó goberno, operada polo goberno

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar