Tevatrón é o nome que recibe o acelerador de partículas do Fermilab, operativo entre 1987 e 2011.[1] A instalación, que albergaba a varias centeas de investigadores, facía colidir protóns e antiprotóns.

Vista aérea do Fermilab.
Vista aérea do Fermilab.

O Tevatrón e os seus dous experimentos, o DZero e o CDF, saltaron á fama no 1995 coa descuberta do quark top (quark cume), a partícula fundamental máis pesada entre as coñecidas.

O comezo do seu apagado coincidiu coa posta en marcha do moito máis potente acelerador de partículas LHC no CERN, que en certo xeito viu substituílo.

Cos seus datos, no 2021 contribuiu ó descubrimento dunha nova partícula, o odderon, cruzando datos de DZero co experimento TOTEM do CERN. En ambos casos usáronse choques elásticos (é dicir, sen disgregación das partículas iniciais nos choques) para obter datos.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Charley, Sarah. "The odd(eron) couple". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2021-08-23.