Puri Ameixide
Purificación Ameixide Rodríguez, máis coñecida como Puri Ameixide, nada en Monforte de Lemos en 1967, é unha profesora e escritora galega.
(2018) | |
Nome orixinal | Purificación Ameixide Rodríguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Monforte de Lemos, España |
Formación profesional | Filoxía Galego-Portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Profesora |
Xénero artístico | Narrativa |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarAos nove anos marchou de Monforte e logo viviu e estudou na Coruña. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela en 1990. Dende 1991 exerceu a docencia, en Lingua Galega e Literatura, primeiro en Vigo e posteriormente no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño.
En 2013 publicou Nada se esquece[1], novela de formación protagonizada por unha rapaza, Laura Souto[2], e ambientada nos finais da década de 1960, nos tempos da ditadura franquista[3]. Laura narra en primeira persoa as relacións coa nai e a irmá, os problemas coas amigas, o primeiro amor e o ambiente escolar monfortino desa época; todo mentres agardan para mudarse a vivir a Vigo. De fondo a música e, sobre todo, as películas do cine e da televisión.
En 2018 publicou Claro de lúa[4]. Novela protagonizada por Rosa e Leandro, nos tempos da francesada na Guarda que pode lembrar a Jane Austen, Charlotte Brontë e Lev Tolstoi[5]. O título lembra a denominación popular da Sonata para piano n.º 14, de Ludwig van Beethoven en 1801[6]. A historia tamén lembra as novelas de fidalgos de Otero Pedrayo. Segundo Dolores Martínez Torres: con indisimulado manierismo romántico, esta voluminosa novela tece un amable relato costumista da incipiente burguesía da vila da Guarda a principios do século XIX.[7] Para Xurxo González: é un volume conformado por 469 páxinas. Un grosor contundente que nos remite á amplitude que tiñan os lombos desas narracións-río típicas da literatura decimonónica.[8]
Obras
editarNotas
editar- ↑ Ameixide, Puri (2013). Nada se esquece. Redelibros. p. 210. ISBN 978-84-940538-1-8.
- ↑ "Nada se esquece. Puri Ameixide". www.amazon.es. Consultado o 05/09/2018.
- ↑ "Nada se esquece". maleducadas.wordpress.com. Consultado o 05/09/2018.
- ↑ Ameixide, Puri (2018). Claro de lúa. Edicións Xerais. p. 472. ISBN 978-8491214038.
- ↑ "Claro de lúa". xerais.gal. Consultado o 05/09/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Claro de lúa de Puri Ameixide". cadernodacritica. Consultado o 05/09/2018.
- ↑ "Amable crónica costumista con fórmulas clásicas" (PDF). blog.xerais.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15/09/2019. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "Claro de lúa, de Puri Ameixide: neoromanticismo miñoto". proxectosocheo. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "Estaba farta de personaxes masculinos fascinantes e perigosos aos que redimir e reformar por amor", entrevista en Praza.gal.