Lingua protoxermánica

(Redirección desde «Protoxermánico»)

O protoxermánico (ou xermánico común) é o devanceiro común hipotético (protolingua) de todas as linguas xermánicas, que inclúen entre outros, o inglés moderno, o holandés e o alemán. A lingua protoxermánica non é directamente confirmada por ningún texto pero foi reconstruída por medio de métodos comparativos. Só se atoparon unhas poucas inscricións rúnicas en Escandinavia datadas de ca. -200 que se pensan que representan unha etapa do protonórdico inmediatamente posterior ao protoxermánico. Algunhas palabras tomadas prestadas do xermánico primitivo que existían en linguas non xermánicas veciñas crese que foron tomadas do protoxermánico; un exemplo é en finés e estoniano a palabra kuningas 'rei', que é similar á palabra reconstruída do protoxermánico *kuningaz.

O protoxermánico é unha lingua descendente do protoindoeuropeo. Posuía soamente dous tempos verbais (pasado e presente), en comparanza cos seis ou sete tempos do grego, latín e sánscrito. Parte desta diferenza é debida á deflexión caracterizada pola perda de tempos do presente no protoindoeuropeo, por exemplo o pretérito de indicativo. Porén, moitos dos tempos verbais doutras linguas parecen ser innovacións separadas en cada unha delas.

Evolución do protoxermánico

editar

A evidencia arqueolóxica suxire que antes de que a lingua se diferenciase en ramas individuais, os pobos xermánicos habitaban no sur de Escandinavia e ao longo das súas costas, desde Holanda no oeste, ata o río Vístula no leste, ca. -750[1]

O protoxermánico pertence á familia de linguas indoeuropeas que se desenvolveu sobre o final da cultura neolítica de Europa Occidental incluíndo a cultura de vasos-funil e a cultura de cerámicas cordadas no sur de Escandinavia e Xutlandia.[2]

 
Mapa da idade de ferro prerromana asociada co protoxermánico, ca. -500--50. A área en maxenta representa a cultura de Jastorf

Algúns suxiren que o protoxermánico evolucionou no tempo de maneira relativamente illada. A súa evidencia baséase principalmente no vocabulario, onde afirman que un terzo do vocabulario básico é dunha orixe non indoeuropea. Outros eruditos disputan sobre este aspecto e suxeriron etimoloxías do protoindoeuropeo á maioría das palabras cuestionadas.

Por definición, o protoxermánico é a etapa da lingua que constitúe o antepasado común máis recente das linguas xermánicas datado como da última metade do primeiro milenio antes da nosa era. Os dialectos falados post-protoindoeuropeos durante a idade de bronce nórdica, arredor do -2500-500 aínda cando non teñen ningún descendente testemuñado con excepción das linguas xermánicas, reciben o nome de “preprotoxermánico”. O feito de que un terzo do vocabulario protoxermánico teña unha etimoloxía indoeuropea ambigua non é estraño para unha lingua de ca. -500; noutras ramas do indoeuropeo aconteceu o mesmo.

Polo ano -250, o protoxermánico dividiuse en cinco grupos diferentes de linguas xermánicas (dous para o oeste e norte e un para o leste).[3]

  1. Germanic languages. En The New Encyclopædia Britannica. (1993). Chicago, IL, Estados Unidos: Encyclopædia Britannica, Inc.. ISBN 0-85229-571-5.
  2. The Penguin atlas of world history / Hermann Kinder y Werner Hilgemann; trad. por Ernest A. Menze. Harmondsworth: Penguin Books. ISBN 0-14-051054-0 1988 Volumen 1. p.109.
  3. Germanic languages. En The New Encyclopædia Britannica. (1993). Chicago, IL, Estados Unidos: Encyclopædia Britannica, Inc.. ISBN 0-85229-571-5.

Ler máis

editar
  • Hans Krahe und Wolfgang Meid, Germanische Sprachwissenschaft, Berlin 1969.
  • Fausto Cercignani, Indo-European ē in Germanic, Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung 86 (1972), 104–110.
  • Fausto Cercignani, Indo-European eu in Germanic, Indogermanische Forschungen 78 (1973), 106–112.
  • Fausto Cercignani, Proto-Germanic */i/ and */e/ Revisited, Journal of English and Germanic Philology 78 (1979), 72–82.
  • Fausto Cercignani, Early «Umlaut» Phenomena in the Germanic Languages, Language, 56/1 (1980), 126–136.
  • Joseph B. Voyles, Early Germanic Grammar, San Diego 1992, ISBN 0-12-728270-X.
  • Vladimir Orel, A Handbook of Germanic Etymology, Leiden 2003.
  • Donald A. Ringe, From Proto-Indo-European to Proto-Germanic. Linguistic history of English, Oxford 2006, ISBN 0-19-955229-0.
  • Vulf Plotkin, The Evolution of Germanic Phonological Systems: Proto-Germanic, Gothic, West Germanic, and Scandinavian, Lewiston 2008.
  • Guus Kroonen, Etymological Dictionary of Proto-Germanic, Brill 2013, ISBN 978-90-04-18340-7.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar