Primeiro ministro de Estonia

cargo político
(Redirección desde «Primeiro Ministro de Estonia»)

O primeiro ministro de Estonia (en estoniano : peaminister) é o xefe de goberno da República de Estonia. O primeiro ministro é nomeado polo presidente tras as debidas consultas coas forzas parlamentarias e confirmado polo parlamento. En caso de desacordo, o Parlamento pode rexeitar a candidatura do presidente e elixir o seu propio candidato. Na práctica, dado que o primeiro ministro debe manter a confianza do Parlamento para permanecer no cargo, normalmente é o líder do principal partido da coalición de goberno. O actual primeiro ministro é Jüri Ratas do Partido do Centro.[1]

Primeiro ministro da República de Estonia
Eesti Vabariigi peaminister
Titular
Kaja Kallas
Dende o 26 de xaneiro de 2021

ResidenciaCasa Stenbock, Tallín
Designado porPresidente de Estonia
Duración4 anos renovábeis
Creación24 de febreiro de 1918
Primeiro titularKonstantin Päts
Salario5,288€ mensuais
Sitio webvalitsus.ee

O primeiro ministro non dirixe ningún ministerio específico, pero é, de acordo coa constitución, o supervisor do traballo do goberno. A importancia e o papel do primeiro ministro no goberno e as súas relacións con outros ministros dependen a miúdo da posición do partido liderado polo primeiro ministro fronte aos socios da coalición e da cantidade de influencia que ten o primeiro ministro dentro do seu partido. Se o primeiro ministro ten unha posición forte dentro do seu partido e o goberno está composto só por representantes dese partido, pode gozar dunha autoridade considerable. Non obstante, en todas as cuestións cruciais nacionais, a palabra final recae no Riigikogu como poder lexislativo.

Ao contrario dos seus homólogos noutras repúblicas parlamentarias, o primeiro ministro é o xefe executivo de facto e de iure. Isto é debido a que a Constitución atribúe explicitamente ao goberno o poder executivo, do que o primeiro ministro é o líder. Na maioría das demais repúblicas parlamentarias, o presidente é cando menos un xefe executivo nominal, estando obrigado por convención a actuar aconsellado polo gabinete.

Historia editar

Estonia estivo gobernada por un primeiro ministro durante os dous primeiros anos (1918-1920) da súa independencia despois do colapso do Imperio ruso.

Baixo a constitución de Estonia, en 1920, o xefe de goberno chamábase Ancián do Estado (riigivanem), que tamén era xefe de Estado. Este sistema era un sistema radicalmente parlamentario porque o Ancián do Estado podería ser destituído polo Parlamento con maioría simple. Ademais, o Ancián do Estado non era o comandante en xefe das forzas armadas nin podía ratificar as leis nin disolver o Parlamento. A disolución do Parlamento só era posible mediante un referendo.[2] Segundo unha nova constitución aprobada por plebiscito en 1933, o cargo do primeiro ministro foi reconvertido como xefe do goberno en 1934 nun sistema máis presidencialista. Segundo esta constitución, o presidente podería nomear e destituír o primeiro ministro e o gabinete, vetar leis, emitir decretos (estatutos) e disolver o Parlamento.[3] O Ancián do Estado naquel momento, Konstantin Päts, nomeouse a si mesmo como primeiro ministro e nesta posición conseguiu suspender as eleccións para o Ancián de Estado e para o Parlamento de Estonia. Permaneceu como primeiro ministro, declarándose "presidente-rexente", ata 1938, cando se celebraron eleccións baixo unha nova constitución e foi elixido presidente.

1918–1920 editar

Foto Nome Mandato Partido Político Xefe de Estado
Inicio Fin Duración
A orde executiva do Goberno Provisional e do Consello de Anciáns da Asemblea Provincial substituíron o cargo de presidente do Consello de Ministros.
  Konstantin Päts
(Primeiro Ministro do Goberno Provisional)
12 de novembro de 1918 9 de maio de 1919 179 días Unión Popular do País (EMRL) Ningún
1 Otto August Strandman
(1875–1941)
9 de maio de 1919 18 de novembro de 1919 194 días Partido Laborista
(ETE)
2   Jaan Tõnisson
(1868–1941?)
18 de novembro de 1919 28 de xullo de 1920 254 días Partido Popular
(ER)
3   Ado Birk
(1883–1942)
28 de xullo de 1920 30 de xullo de 1920 3 días Partido Popular
(ER)
(2)   Jaan Tõnisson
(1868–1941?)
(2ª vez)
30 de xullo de 1920 26 de outubro de 1920 89 días Partido Popular <br /(ER)
4   Ants Piip
(1884–1942)
26 de outubro de 1920 20 de decembro de 1920 56 días Partido Laborista
(ETE)
A Constitución de 1920 substituíu o cargo de Ancián do Estado.
Foto Nome Mandato Partido Político Xefe de Estado
Inicio Fin Duración
A Constitución de 1934 dividiu o cargo de Ancián do Estado entre un novo cargo chamado Ancián do Estado e un Primeiro Ministro.
5   Konstantin Päts
(en funcións do Ancián do Estado)
(2ª vez)
24 de xaneiro de 1934 3 de setembro de 1937 3 anos e 222 días Asembleas de Agricultores e
Asociación de Colonos
(PK / ARVK)
primeiro ministro
nas funcións de
Ancián do Estado Konstantin
Päts
Unión da Patria
(I)
[Nota 1]
A Lei de Modificación da Constitución de 1938 fusionou temporalmente os cargos de Ancián do Estado e primeiro ministro no cargo de presidente-rexente .
  1. Todos os partidos políticos foron prohibidos o 20 de marzo de 1935. A Unión da Patria foi a única organización política permitida, pero non pode ser considerado un partido político per se.

1938–1944 editar

Foto Nome Mandato Partido Político Xefe de Estado
Inicio Fin Duración
A Constitución de 1938 dividiu o cargo de presidente-rexente entre un presidente e un primeiro ministro.
6   Kaarel Eenpalu (1888–1942)
Primeiro ministro en funcións
24 de abril de 1938 9 de maio de 1938 1 ano e 171 días Unión da Patria
(I)
Presidente
Konstantin
Päts

(1938-1940)
Primeiro ministro 9 de maio de 1938 12 de outubro de 1939
7   Jüri Uluots (1890-1945)
8º primeiro ministro
12 de outubro de 1939 21 de xuño de 1940 254 días Unión da Patria
(I)
1ª ocupación soviética
Ocupación alemá
-   Otto Tief (1889–1976)
Primeiro ministro en funcións
18 de setembro de 1944 25 de setembro de 1944 8 días Ningún primeiro ministro
nas funcións do Presidente

Jüri Uluots
2ª ocupación soviética

1990 – actualidade editar

Foto Nome Mandato Partido Xefe de Estado
Inicio Fin Duración
2ª ocupación soviética
  Edgar Savisaar
(1950– )
1st Prime Minister of the Interim Government
3 de abril de 1990
[Nota2 1]
29 de xaneiro de 1992 1 ano e 301 días Fronte Popular
(RR)
Presidente do Consello Supremo
Arnold Rüütel
  Tiit Vähi
(1947– )
2nd Prime Minister of the Interim Government
29 de xaneiro de 1992 21 de outubro de 1992 266 días Ningún
8   Mart Laar
(1960– )
21 de outubro de 1992 8 de novembro de 1994 2 anos e 18 días Unión da Patria
(I)
Presidente
Lennart Georg Meri
(1991-2001)
9   Andres Tarand
(1940– )
8 de novembro de 1994 17 de abril de 1995 161 días Moderados
(M)
10   Tiit Vähi
(1947– )
(2ª vez)
17 de abril de 1995 17 de marzo de 1997 1 ano e 334 días Partido da Coalición e
Alianza Popular do Pobo
(KMÜ)
11   Mart Siimann
(1946– )
17 de marzo de 1997 25 de marzo de 1999 2 anos e 8 días Partido da Coalición e Alianza Popular do Pobo
(KMÜ)
(8)   Mart Laar
(1960– )
(2ª vez)
25 de marzo de 1999 28 de xaneiro de 2002 2 anos e 309 días Unión da Patria
(I)
Presidente
Arnold Rüütel
(2001-2006)
12   Siim Kallas
(1948– )
28 de xaneiro de 2002 10 de abril de 2003 1 ano e 72 días Partido da Refoma Estoniano
(ER)
13   Juhan Parts
(1966– )
10 de abril de 2003 12 de abril de 2005 2 anos e 2 días Partido Res Publica
(RP)
14   Andrus Ansip
(1956– )
12 de abril de 2005 26 de marzo de 2014 8 anos e 348 días Partido da Refoma Estoniano
(ER)
Presidente
Toomas Hendrik Ilves
(2006-2016)
15   Taavi Rõivas
(1979– )
26 de marzo de 2014 23 de novembro de 2016 2 anos e 242 días Partido da Refoma Estoniano
(ER)
Presidente
Kersti Kaljulaid
(2016-)
16   Jüri Ratas
(1978– )
23 de novembro de 2016 26 de xaneiro de 2021 4 anos e 64 días Partido do Centro
(K)
17   Kaja Kallas
(1977– )
26 de xaneiro de 2021 presente 3 anos e 89 días Partido da Refoma Estoniano
(K)
  1. O Consello Supremo da RSS de Estonia declarou o 30 de marzo de 1990 que o goberno soviético era ilegal dende 1940 e declarou un período de transición para a independencia total. Esta foi restaurada o 20 de agosto de 1991.

Notas editar

  1. "Jüri Ratas, elegido nuevo primer ministro de Estonia por el Parlamento". La Vanguardia (en castelán). 21 de novembro de 2016. Consultado o 5 de decembro de 2019. 
  2. Zetterberg 2007, p. 524-525.
  3. Zetterberg 2007, p. 558-559.


Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Zetterberg, Seppo (2007). A History of Estonia. Helsinki: The Finnish Literary Society / Suomalaisen Kirjallisuuden Seura. 

Outros artigos editar