Ado Birk

político estoniano

Ado Birk, nado o 14 de novembro de 1883 e finado o 2 de febreiro de 1942, foi un político e diplomático estoniano, que foi primeiro ministro do seu país durante tres días, do 28 ao 30 de xullo de 1920.

Ado Birk
Nacemento14 de novembro de 1883
Lugar de nacementoTarvastu
Falecemento2 de febreiro de 1942
Lugar de falecementoSevurallag
NacionalidadeImperio Ruso e Estonia
RelixiónIgrexa ortodoxa
Alma máterSaint Petersburg Theological Academy e Riga Seminary
Ocupaciónpolítico, diplomático e avogado
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ado Birk naceu nunha aldea do concello de Tarvastu, estudou no Seminario Teolóxico Ortodoxo de Riga (1894-1905) e proseguiu estudos na Academia Teolóxica de San Petersburgo e nas facultades de dereito das universidades de Tartu (1907–1908), San Petersburgo (1908–1911) e Leipzig (1911). Entre 1911 e 1912 foi o director da Oficia Estatística de Tallin e de 1912 ata 1917 traballou como procurador no bufete do avogado Jaan Poska ao tempo que desde 1913 entraba na política como concelleiro en Tallin. Membro Asemblea Provincial Estoniana polo Partido Radical Democrático de Estonia, foi o seu secretario interino en xullo de 1917, foi logo nomeado representante de Estonia en Helsinqui en 1918 ata que en novembro mesmo ano foi elixido presidente da Asemblea Provincial e do Comité Xeral de Eleccións da Asemblea Constituínte. Como membro do Partido Popular Estoniano foi desde 1919 ata 1920 foi vicepresidente da Asemblea Constituínte e ministro de asuntos exteriores, primeiro ministro durante tres días de xullo de 1920 pero a falta de apoio parlamentario botou abaixo o goberno, volveu ao posto de ministro ata o 26 de outubro, elixido deputado no I Parlamento (1920-1922), foi de novo ministro de exteriores en 1925. Birk foi tamén presidente da Sociedade de Bombeiros Voluntarios de Tallin (1917-1924) e presidente da Unión de Bombeiros Estonianos (1919-1922).

Entre 1922 e 1926 foi ministro plenipotenciario de Estonia na Unión Soviética, e como entrou a primeiros de 1926 en conflito co ministro de asuntos exteriores estoniano, e rexeitou volver tras o seu cesamento. No verán de 1926 caeu vítima da provocación do servizo secreto soviético, a GPU e entrou na cadea en Rusia, tras saír do cárcere volveu a Estonia en 1927 pero foi acusado de pasar información secreta á URSS e en novembro foi á prisión, en novembro de 1927 o Tribunal de Tallinn-Haapsalu absolveuno. Deixou a política e traballou como empresario, activo membro da Igrexa Ortodoxa Apostólica Estoniana foi o seu secretario ecuménico (1939-1940). Durante a segunda guerra mundial arrestouno a NKVD soviética e o 14 de xuño de 1941 no campo de prisioneiros de Sosva (Urais) foi sentenciado a morte, morrendo antes de executarse a condena.