Jüri Ratas

político estoniano

Jüri Ratas, nado en Talín o 2 de xullo de 1978, é un político estoniano. Dende novembro de 2016, é o Primeiro Ministro de Estonia.[1]

Jüri Ratas
Jüri Ratas 2017-05.jpg
Nacemento2 de xullo de 1978
 Talín
NacionalidadeEstonia
Relixióncristianismo
Alma máterTallinn University of Technology, Universidade de Tartu e Tallinn Nõmme Upper Secondary School
Ocupaciónpolítico
PaiRein Ratas
NaiUrve Ratas
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É membro do Partido do Centro de Estonia. Ocupou o seu primeiro cargo político como Vicepresidente do Parlamento Nacional "Riigikogu" e seguidamente dende 2005 até 2007 foi o Alcalde de Talín. Como alcalde cómpre salientar que iniciou o Programa de Capital Verde Europea na cidade.

No 2013 proponse aumentar o imposto mínimo a partir de 2000 e 2250 coroas estonianas (Eesti kroon, EKK), un proceso que foi de 5 anos na fabricación.

Nas Eleccións Parlamentarias de 2015 foi reelixido para o parlamento cun total de 7932 votos individuais. No mes de marzo dese mesmo ano foi elixido como o segundo vicepresidente da cámara.

O 5 de novembro de 2016 foi elixido para suceder a Edgar Savisaar como novo líder do partido do centro.

Despois de que o segundo gabinete do daquela primeiro ministro Taavi Rõivas se dividise no mes de novembro debido a unha loita interna, comezaron as conversacións para formar unha coalición para gobernar entre o Partido do Centro, o Partido Socialdemócrata e a Unión Prol Patria e Res Pública. O 19 de novembro os tres partidos acordaron as condicións e finalmente lograron formala, con Jüri Ratas como principal líder.

Tras liderar esta coalición, o día 23 de novembro foi xuramentado como 17.º primeiro ministro de Estonia, en substitución de Rõivas.

NotasEditar

  1. Agencia EFE (21 de novembro de 2011). "Jüri Ratas, elegido nuevo primer ministro de Estonia por el Parlamento". Berlín (Alemaña). Consultado o 28 de xaneiro de 2017.