Abrir o menú principal


O Premio Galicia 1970 foi organizado polo Centro Gallego de Buenos Aires[1], principal institución galega na Arxentina, implicada en varias tarefas sociais, entre elas a cultural, tentando promover a cultura galega entre os emigrantes galegos. Neste ámbito, o Centro convoca certames en diferentes categorías, como por exemplo o premio de novela Galicia 1970, celebrado unicamente nese ano, cunha intención de consagración da gañadora.

CaracterísticasEditar

O certame estaba destinado a galardoar a composicións exclusivamente en prosa. Así, o xurado encargado de cualificar as doce novelas que se presentaron estivo constituído, segundo desexo da entidade promotora do mesmo, por representantes da Real Academia Galega, da editorial Castrelos e da editorial Galaxia. Este comité foi presidido por Sebastián Martinez-Risco y Macías. Reuníronse no salón de sesións da Academia e ditouse fallo o día 16 de outubro[2].

Segundo as fontes consultadas[3], algunhas das obras presentadas ao certame foron Adiós, María de Xohana Torrres, gañadora; Xente ao lonxe, de Eduardo Blanco Amor; O silencio redimido, de Silvio Santiago e O mesón do birollo, de José Fariña Jamardo.

PolémicaEditar

En torno a este premio, que foi gañado por Xohana Torres coa obra Adiós, María, xeráronse varias polémicas. En primeiro lugar, Eduardo Blanco Amor, outro dos propostos, considerou inadecuada a elección da gañadora debido á falta de transparencia por parte do xurado, quen se sospeitaba que non lía na súa totalidade algunhas das novelas propostas. Como o propio Blanco Amor declarou, “No, no fue finalista. Ni siquiera la consideraron. Envié cinco ejemplares, dos de ellos pegados, y me los devolvieron en las mismas condiciones. Creían que algunas cosas eran obscenas”

Ademais, houbo outra controversia[4] arredor das figuras de Perfecto Conde Muruais e Juan Soto. O primeiro escribe unha recensión, Hacia el desarrollo de la novela gallega, no número 484[5] da revista Triunfo do 8 de xaneiro de 1972, na cal afirmaba, a propósito do Premio Galicia e da galardoada Xohana Torres, que dita novela estaba sobrevalorada e consideraba que o premio debería ter sido outorgado a Blanco Amor. Como contestación a esta recensión, Soto enviou unha carta na cal critica a posición de Murais e mesmo cuestiona a existencia dunha novela galega. El considera que Adiós, María é unha obra presuntuosa que procura achegarse á nova literatura hispanoamericana do momento. Así mesmo, táchaa de tópica e banal, considerando que existían moitas outras obras merecedoras do recoñecemento, como por exemplo O silencio redimido de Silvio Santiago.

NotasEditar

  1. "Centro Gallego de Buenos Aires". www.centrogallegoba.com.ar. Consultado o 2019-07-25. 
  2. http://academia.gal/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=251
  3. Rodríguez Alonso, Manuel (2018-04-23). "Bouvard e Pécuchet » No corenta aniversario de Xente ao lonxe" (publicado o 24 de marzo de 2012). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 2018-06-22. 
  4. "Unha polémica sobre narrativa galega na revista madrileña Triunfo". web.archive.org. 2016-04-26. Consultado o 2019-02-18. 
  5. "Hacia el desarrollo de la novela gallega". www.triunfodigital.com. Consultado o 2019-07-25. 

Véxase taménEditar