Abrir o menú principal

Nos trinta e seis quilómetros da costa de Sanxenxo pódense atopar moitas praias das máis variadas características; urbanas como Silgar, Baltar e Caneliñas, ou máis tranquilas como Areas, Montalvo, Magor e A Lanzada; con algunha excepción son de area branca e fina. Todas elas destacan pola calidade das súas augas e servizos, convertendo a Sanxenxo no municipio con máis bandeiras azuis de España desde o ano 2004.

Entre os seus areais destancan os seguintes:

Praia Lonxitude (m) Ancho (m) Grao de ocupación Grao de urbanización Bandeira Azul [cando?] Cruz Roja.svg Símbolo Playa Accesible.svg Icono Parque Natural.png Descrición Imaxe
Areas 830 55 Moi alto Medio Si Si Si Si Praia en forma rectilínea e semicurva nun extremo, situada nunha contorna semiurbana. Limitada no extremo leste pola pequena Cala dos Mortos, con acceso en baixamar e Punta Cabicastro, con vistas da ría de Pontevedra. Praia de Areas - Sanxenxo - Galiza (Spain)-4.jpg
Silgar 750 80 Moi alto Moi alto Si Si Si Si Acompañada de punta a punta polo paseo que leva o seu nome e resgardada por edificios, Silgar énchese cada verán de turistas españois e estranxeiros que buscan o relax de praia nas rías galegas. A Madama é a famosísima estatua que se atopa nunha rocha chamada "O Cubreiro", a cal se atopa a medio camiño entre a beira e as boias. Playa de Sangenjo, Pontevedra, España, 2015-09-23, DD 47.JPG
Baltar 650 55 Moi alto Alto Si Si Si Si Tamén coñecida como praia de Portonovo e separada de Sigar pola punta do Vicaño é unha praia xunta ao peirao de Portonovo con numerosas embarcacións xusto diante e cunha gran zona verde detrás, bordeada no seu percorrido por dous paseos, un deles de madeira, e cunhas pequenas e inusuais dunas próximas á localidade. Esta praia, xunto a Canelas e Caneliñas, conforman as praias de Portonovo. Portonovo 01-02.jpg
Caneliñas 150 50 Moi alto Moi alto Si Si Si Si Pequena praia, refuxio dos que buscan unha fina area branca e un lugar acolledor entre os edificios de Portonovo. É usual ver mozos gozando da Covasa, un estreito de auga entre dúas rocas nun dos bordos da praia e que se baleira por completo cando baixa a marea. Portonovo Caneliñas.jpg
Canelas[1] 400 80 Moi alto Escaso Si Si Si Si É un dos focos de turismo da rexión destacando polas súas vistas. A calidez da area e das augas que a bañan fan de Canelas unha das praias máis atractivas do concello, sobre todo para a xente nova, xa que conta con superficie suficiente na que se adoitan colocar redes de voleibol privadas. Sanxenxo, praia Canelas 01-04.JPG
Paxariñas 140 40 Moi alto Escaso Si Si Si Si Ten forma de media cuncha, situada nunha contorna semiurbana e limitada, na súa marxe esquerda, pola Punta de Elmo ou Punta do Cavicastro e, na súa marxe dereita, pola Punta de Paxariñas. Sanxenxo, praia Paxariñas 01-03ar.jpg
Montalvo 950 120 Moi alto Moi escaso Si Si Si Si Rectilínea, situada nunha contorna rural, limitada pola Punta Montalvo, promontorio e miradoiro natural, e pola Punta Paxariñas. A area branca e fina forma suaves dunas con vexetación dispersa que separan a praia do piñeiral próximo. Ondada notable. Corrente de resaca forte no medio, con tendencia a movemento lateral. Playa de montalvo.jpg
Bascuas 130 60 Medio-alto Moi escaso Si Si Si Si É unha pequena praia nudista do municipio de Sanxenxo. Ten forma de media cuncha, situada nunha contorna case despoboada.
Panadeira[2] 85 50 Alto Moi alto Si Si Si Si Situada nunha contorna urbana, nas inmediacións do núcleo de Sanxenxo, limitada polas praias de Lavapanos e a dos Barcos. Recollida dos ventos e con augas tranquilas, é unha praia accesible e de uso familiar. Praia Panadeira, Sanxenxo 2.jpg
A Lanzada 2560 95 Alto Moi escaso Si Non Si Non Praia de area semifina moi demandada polos surfeiros xa que se atopa dando a cara a mar aberto e ten unha boa ondada durante todo o ano debido a que non se atopa protexida pola illa de Ons como as demais. Sanxenxo comparte esta praia co municipio do Grove. Forma a parte occidental do istmo que une Sanxenxo coa península do Grove. Lanzada.jpg
Magor [3] ou Major[4][5] 980 100 Medio Escaso Si Si Si Si É un dos maiores areais do concello e conta cunha ampla zona de dunas naturais na súa parte noroeste. Preto dela atópase a famosa punta Faxilda co icónico banco de Noalla.
Lapa 460 40 Medio Medio Si Si Si Si Situada na parroquia de Noalla, entre a praia de Area Gorda, separada só polo illote do Médico, e A Lanzada, presenta unha forma de media cuncha. Sanxenxo Praias A Lapa Area Gorda.jpg
Area Gorda 330 70 Baixo Medio-baixo Si Si Si Si Praia nunha contorna semiurbana; a pesar do seu nome ten area fina e branca, e destaca pola calidade das súas augas. Sanxenxo Praia Area Gorda.jpg
Foxos 380 50 Alto Medio Si Si Si Si Situada na parroquia de Noalla, é unha das praias máis requiridas tanto polos surfeiros como polos bañistas. Ten forma rectilínea.
Pragueira 450 70 Medio Escaso Si Si Si Si Xeograficamente pegada á praia de Magor, este areal atópase xusto antes que o de Bascuas. Destaca pola calidez das súas augas, e por unha ondada moderada pero notable.
Nanín 440 40 Medio-alto Medio-Alto Si Si Si Si A praia de Nanín sitúase saíndo do núcleo urbano de Sanxenxo dirección Pontevedra, xusto antes da praia de Areas. De area branca e fina, é frecuentada pola xente da zona e arredores, perdendo protagonismo tutístico a favor das praias de Silgar e Areas.
Fontenla 80 40 Baixo Medio-baixo Non Non Si Non A pequena praia de Fontenla é un areal de reducidas dimensións aniñado entre as rocas de punta Faxilde, o punto terrestre máis próximo á illa de Ons. Sitúase entre as praias de Magor e Foxos. Ideal para gozar do sol e a auga nun ambiente pouco masificado.
Dos Barcos 150 20 Moi baixo Moi Alto Non Non Si Non Esta pequena praia é unha praia portuaria pegada ao peirao de Sanxenxo. Nos últimos tempos baixou considerablemente a afluencia de persoas que a usan como praia turística. Ten un paseo de madeira sobre ela relativamente novo, que a fai aínda máis estancada. Fica claro neste caso a corrupción urbanística do concello a resistencia veciñal coa formación da asociación "S.O.S. Panadeira".
Lavapanos 60 20 Moi baixo Moi alto Non Non Non Non Praia de reducidas dimensións en forma rectilínea, situada nunha contorna urbana, nas inmediacións do núcleo de Sanxenxo, limitada pola praia dá Panadeira e a de Carabuxeira. De area branca e grosa, resgardade dos ventos, é unha praia portuaria con augas tranquilas.
Carabuxeira 230 30 Medio Moi alto Si Si Si Non A praia da Carabuxeira é un areal situado no núcleo exterior de Sanxenxo. O seu principal acceso pasa por baixo dun edificio construído en fronte.
Barreiros 60+170 30 Medio Medio-Alto Non Non Si Non Praia de reducidas dimensións en forma rectilínea, situada nunha contorna semiurbana, composta por area branca e fina e con augas tranquilas. Debido á súa privilexiada orientación, recibe os raios do sol até ben entrada a tarde.
Area de Agra 260 30 Medio-Baixo Baixo Si Si Si Si Situada nunha contorna virxe, limitada pola punta Festiñaza. Area branca e fina. Resgardada dos ventos, adoita ser, no entanto, unha praia con fortes ondadas. Ideal para quen buscan praias con contornas pouco humanizadas.
Pampaido 60 20 Moi baixo Medio-Alto Non Non Si Non Pequena, de area branca e fina. Emprazada nunha contorna rústica, é unha praia con augas tranquilas, abrigada dos ventos e as correntes mariñas. Ideal para gozar do sol e o mar nun ambiente tranquilo e pouco masificado.
A Granxa 120 10 Medio-baixo Alto Non Si Si Non Situada nunha contorna rural, entre as praias de Maceiriñas e Santa Mariña, xa limítrofes con Raxó. Composta por unha combinación de area branca e pequenas pedriñas. Recollida dos ventos, é unha praia con augas tranquilas e cálidas.
Fontenla 10 15 Moi baixo Moi baixo Non Non Non Non Situada ao fondo da praia de Foxos, é accesible por area só coa baixamar, tendo que escalar unhas pedras para poder chegar a ela.
Nosa Señora 40 15 Moi baixo Baixo Non Non Non Non Situada ó carón da capela da Lanzada, ofrece vistas á praia de Foxos e ás illas de Ons.
Nanín 350 30 Medio-Baixo Moi Alto Non Non Si Non Entre Areas e Barreiros, maiormente de pedras e area, ten un pequeno monte ao lado e unhas augas moi tranquilas, ideais para nenos.
Dos Mortos 120 50 Medio Moi baixo Non Non Non Non Contigua a Areas, ofrece unha panorámica diferente, desaparecendo na súa maior parte en altamar.
Pociñas 60 70 Baixo Alto Non Si Non Non Contigua a Pragueira, xúntase a esta na baixamar e a Magor, formando a praia de Magor-Pragueira-Pociñas.
Espiñeira 150 20 Medio-alto Medio Non Si Si Si Praia en forma de media cuncha, de area branca e fina, nunha contorna semiurbana, entre as praias de Lapa e A Lanzada. Aberta, ventosa e con forte ondada, é unha praia idónea para a práctica do surf. Comparte equipamento coa praia de Lapa.
Praia Lonxitude (m) Ancho (m) Grao de ocupación Grao de urbanización Bandeira Azul [cando?] Cruz Roja.svg Símbolo Playa Accesible.svg Icono Parque Natural.png Descrición Imaxe

NotasEditar

Véxase taménEditar