Praia de Montalbo

areal galego no concello de Sanxenxo

A praia de Montalbo é un areal do concello de Sanxenxo, situada na parroquia de Arra.

Praia de Montalbo
Vista da praia de Montalbo
Coordenadas: 42°23′51″N 8°51′02″O / 42.3976, -8.85045
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónSanxenxo
Lonxitude950 m
Largo medio120 m
Grao de ocupaciónMoi alto
Grao de urbanizaciónMoi escasa
Características específicas
ComposiciónArea
Tipo de areaFina e branca
Condicións do bañoOndada moderada mais notábel
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitados
Tipo de accesoFácil a pé
Sinalización do acceso

Situada nun ámbito rural, está limitada, no extremo norte, pola Punta de Montalbo, promontorio e miradoiro natural, e, no extremo sur, pola Punta Paxariñas, menos pronunciada, que separa a praia de Montalbo da de Paxariñas.

Un paseo de madeira comunica polo bordo do mar as praias de Montalbo e Paxariñas.

Ten forma rectilínea, con area branca e fina formando suaves dunas con vexetación dispersa que delimitan a praia do piñeiral próximo que a separa da estrada PO-550. É unha praia aberta, ventosa e con ondada moderada, e dispón de zona de fondeo de embarcacións.

Acceso editar

Dende Sanxenxo, pola estrada C-550 en dirección ao Grove, debe tomarse o desvío á esquerda á praia, ó chegar ó lugar de Montalbo.