Portal:Historia/Efemérides destacadas/5 de abril
- 1081, Aleixo I Comneno é coroado emperador bizantino en Constantinopla, dándolle á Dinastía Ducas-Comneno o pleno poder.
- 1722, o explorador alemán Jacob Roggeveen descobre Illa de Pascua.
- 1794, é guillotinado Georges-Jacques Danton, figura da Revolución francesa.
- 1795, asínase o tratado de Basilea entre Francia e Prusia.
- 1879, Chile decláralle a guerra a Bolivia e Perú, comezando a Guerra do Pacífico.
- 1945, o líder iugoslavo Tito asina un acordo coa Unión Soviética para permitir a "entrada temporal das tropas soviéticas no territorio de Iugoslavia".
- 1955, Winston Churchill renuncia como primeiro ministro británico.
- 1957, na India, os comunistas gañan as primeira eleccións celebradas en Kerala e Namboodiripad é declarado xefe de goberno.
- 1992, comeza o sitio de Saraievo, cando paramilitares serbios matan a manifestantes pacíficos.