Portal:España/Artigo destacado/Arquivo

Aquí están todos os artigos destacados no portal de España:

1 editar

A Catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «Ano Santo» ou «Ano Xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.


2 editar

O Club Balonmano Cantabria (1975-2008) foi un equipo de balonmán da cidade de Santander (Cantabria). Foi fundado en 1975 co nome de Grupo Deportivo Teka Santander, herdeiro do club La Salle Authi de Los Corrales de Buelna. Foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa. Debido a problemas económicos, mudou a súa denominación en 1995, baixo o patrocinio de Caja Cantabria, que abandonou o seu patrocinio en 1999, adoptando o club o nome de Club Balonmano Cantabria e volvendo a Teka, denominándose o equipo Teka Cantabria ata a súa desaparición no ano 2008, tras un breve período no que foi propiedade do Racing de Santander.

A nivel nacional participou na Liga ASOBAL (nome que recibe a máxima categoría do balonmán español) dende a súa fundación en 1990 pola Asociación de Clubes Españoles de Balonmano (ASOBAL) ata a súa desaparición. A Liga ASOBAL foi a herdeira da antiga liga española de balonmán que, entre 1958 e 1990, e coa denominación de División de Honra, organizou a Federación Española de Balonmano. En total, o club participou en 18 ocasións na máxima categoría, gañando o título en dúas ocasións (1992-93 e 1993-94). Ademais adxudicouse outros títulos nacionais como a Copa do Rei e a Supercopa de España, ambas en dúas ocasións, ou a Copa ASOBAL, que gañou catro veces. A nivel internacional conquistou nunha ocasión a máxima competición europea de balonmán entre clubs, a Copa de Europa, así como o Campionato Mundial de Clubs, a Recopa de Europa en dúas ocasións, ou a Copa EHF.

Durante a maior parte da súa historia, o club xogou no Pavillón de La Albericia, aínda que tamén nas súas últimas tempadas disputou partidos no Palacio de Deportes de Santander, que dispuña de maior capacidade que o anterior.


3 editar

Portal:España/Artigo destacado/3

4 editar

Portal:España/Artigo destacado/4

5 editar

Portal:España/Artigo destacado/5

6 editar

Portal:España/Artigo destacado/6

7 editar

Portal:España/Artigo destacado/7

8 editar

Portal:España/Artigo destacado/8

9 editar

Portal:España/Artigo destacado/9

10 editar

Portal:España/Artigo destacado/10