Portal:Austria/Artigo destacado/1

O Red Bull Ring (chamado anteriormente A1-Ring e antes Österreich-Ring), é un autódromo situado na vila austríaca de Spielberg (Estiria).

O circuíto de carreiras foi fundado como Österreichring e foi sede do Gran Premio de Austria de Fórmula 1 durante 18 anos consecutivos, de 1970 a 1987. Máis tarde acurtado e reconstruído foi rebautizado como A1-Ring, foi de novo sede do Gran Premio de Austria desde 1997 a 2003. O circuíto quedou obsoleto para a Fórmula Un, polo que foi elaborado un plan para redeseñalo. Foron demolidas algunhas partes do circuíto, incluíndo os pits e a tribuna principal, pero os traballos de construción detivéronse e o circuíto quedou inutilizable durante varios anos antes de que fora comprado e reconstruído polo propietario de Red Bull, Dietrich Mateschitz. Chamado agora Red Bull Ring a pista inaugurouse de novo o 15 de maio de 2011. Posteriormente organizou unha rolda da tempada 2011 do DTM e unha rolda do campionato de F2 de 2011.