Abrir o menú principal

Poesía perdida (1993, Edicións do Castro) é un libro póstumo de Ricardo Carballo Calero no que se recollen os seus poemas en lingua castelá, en edición de Claudio Rodríguez Fer[1].

Poesía perdida
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaCastelán
ColecciónDocumentos
Xénero(s)Poesía
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.1993

CaracterísticasEditar

A Introdución é de Claudio Rodríguez Fer e está escrita en galego. Os poemas de Carballo Calero están en castelán.

Carballo Calero publicou en vida dous libros de poesía en castelán Trinitarias (1928)[2] e La soledad confusa (1931)[3]. Non reeditou estes libros nin publicou máis libros poéticos en castelán pero deixounos todos perfectamente reagrupados, organizados e datados en cinco volumes: Versos para olvidar, Versos para romper, Romancero de apócrifos y canónicos, Teoría de Eva e Avena loca. Son máis de trescentos poemas que van de 1925 a 1947.

Claudio Rodríguez Fer sinala que a poesía de Carballo Calero foi editorialmente monolingüe desde 1934 (O silenzo axionllado), todos os seus libros de versos están en galego. Este monolingüismo “ilustra o seu compromiso co idioma de Galcia, que tantas veces defendeu política, cultural e cientificamente, do mesmo xeito que o seu bilingüismo creativo evidencia a súa autenticidade á hora de escribir. O castelán foi a súa lingua materna e formativa, así como a íntima en moitas das súas relacións, fenómeno que, unido a circunstancias biográficas, motivou que o cultivase tamén literariamente con xenerosidade” [4].

Versos para olvidarEditar

Son sesenta poemas escritos entre 1925 e 1930, entre os quince e os vinte anos da vida do autor. Por iso xa no Prólogo de Trinitarias Nicolás García Pereira falaba de poemas xuvenís, máis sentidos ca pensados.

Trinta e catro deses poemas xa foran publicados no libro Trinitarias, aquí aparecen corrixidos e aumentados con vinte e seis poemas máis.

Claudio Rodríguez Fer destaca un soneto que anticipa as tres dimensións na vida e na obra de Carballo Calero: a transcendente (centrada no filosófico e no relixioso), a erótica (centrada na muller) e a cultural (centrada no mítico, no histórico e no artístico):

Yo tengo austeridades de viejo anacoreta;
yo tengo efervescencias de rancio soñador;
tengo algo de vesánico; tengo mucho de asceta
y en el pecho escondida una sangrienta flor.

Si sun hojas son versos, entonces soy poeta;
Si besos de mujer, soy de ella orador,
mas mi amor es entonces dura pasión inquieta
o quimérico sueño: nunca sólido amor.

Yo el corazón pusiera en un ser intangible;
cual Séneca, me abriera las venas impasible
o, matando la carne, viviera en una ermita.

Con Jusús Nazareno predicara en Judea,
Con Alonso Quijano soñara a Dulcinea,
con Armando Duval amara a Margarita[5]

Nestes poemas da época da adolescencia resultan evidentes as pegadas do Romantismo e do Modernismo. Sinala Claudio Rodríguez Fer que o rexeitamento da existencia, o sentimento de soidade, a atracción do irracional e misterioso, a tendencia á melancolía, a ambientación crepuscular e nocturna, a estima pola ensoñación, a frustración amorosa e a atracción erótica son elementos tan románticos coma modernistas.

Formalmente semellan modernistas a riqueza léxica, o rexistro cultista, a variedade métrica e a busca da sensorialidade, da plasticidade e da musicalidade.

Versos para romperEditar

Son sesenta e tres poemas escritos entre 1929 e 1944. Dezaoito deles xa se publicaran en La soledad confusa, mais sete dos poema dese libro aparecerán agora no seguinte. Estes poemas foron escritos nos tempos da República (en Galicia), da guerra civil (na zona republicana) e na posguerra que pasou no penal de Xaén. Para Claudio Rodríguez Fer os poemas deste libro entroncan coa sensibilidade estética postmodernista de Juan Ramón Jiménez e cos poetas da promoción do 27 polo neopopularismo. Así no Romance de la novia o erotismo remítenos a García Lorca:

El tropel de las codicias
por su carne galopaba.
Con sus manos temblorosas
desnudó mi carne casta
que esperaba el primer beso
con un bautismo de gracia.
Él temblaba de lujuria,
yo de verguenza temblaba.
Rompió con sus mala prisas
la ropa que yo bordara.
Desnuda bajo sus besos
se estremecía mi espalda.
Las palomas de mis senos
en sus manos palpitaban:
pero él manchó su blancura
con caricias ignoradas.
Por los cauces de mis venas
lanzó torrentes de lava[6]

Ademais deste romance hai outros entroncados coa liña neopopularista do grupo do 27 e moitos son de ambientación andaluza, seguramente escritos na fronte durante a guerra ou despois na cadea andaluza. Mesmo algúns teñen elementos mouriscos, axitanados e andalucistas.

Romancero de apócrifos y canónicosEditar

Son trinta e cinco romances de asunto bíblico, apócrifo ou canónico escritos entre 1930 e 1943. Adán y Lilith, Satán y Miguel, Caín y Abel, Jog, Agar, Isaac, Dina y Sijem, Salija y José, Sansón, Ruth y Booz, Davi y Absalón, Judith y Olofernes, Salomé, Marta y María, Judas... son algúns dos protagonistas dos romances.

Romance de Dina y Sijem:

Frescas ramas de alabastro que caliente savia riega,
tallos de fino cristal que una sola flor sustentan,
relámpagos de blancura que una pura nube engendra,
ríos de rosadas ondas y combada linfa tersa,
fustes de sedoso mármol arado de azules vetas,
llama la pulpa por dentro, si yelo la piel por fuera,
largos frutos, dulces rayos, altos tirsos, raras perlas;
adientes pienas de Dina, que mis sueños espolean
...[7]

Teoría de EvaEditar

Son cen retratos femininos, cen sonetos escritos entre 1939 e 1941 na cadea de Xaén.

Claudio Rodríguez Fer sinala que os sonetos establecen un plural panorama de tipos femininos. Estilisticamente son máis ben modernistas, con grande riqueza léxica e de moi acusada expresividade plástica e sonora.

A maioría dos retratos participan, na descrición, da prosopografía, da etopeia, da hipotipose e da etoloxía:

Desnuda vas sobre la yegua blanca.
Contorno de luz hecho relieve.
Dalia amazona a lomos de la nieve.
Ecuación de blancura: muslo y anca.

Oh síntesis del iris. Oh palanca
del día. Ante tu lino el cisne es plebe.
El día, de tu piel en copos llueve.
Tu candidez su cetro el lirio arranca.

Vibra, lira brutal, ya, tu hacanea,
tu céfiro de espuma nacarado.
Un jazmín en la silla se cimbrea.

Escarcha sobre el freno y el bocado.
Una invasión de armiños en marea
persigue tu galope congelado[8]

Avena locaEditar

É o último libro de poesía en castelán escrito por Carballo Calero. Son cincuenta e catro poemas escritos entre 1945 e 1947, en plena postguerra e xa de volta en Galicia.

O título do libro pode estar relacionado con Libro del Buen Amor de Juan Ruíz, o Arcipreste de Hita. Segundo Claudio Rodríguez Fer no libro hai influencias, ademais de Juan Ruíz, de Alonso Martínez, Fernando de Rojas, Juan del Encina, Gil Vicente, Antonio Machado, Miguel de Unamuno...

Moitos dos poemas tratan do amor e da muller, algúns en clave humorística. Tamén aparecen o desalento e o pesimismo do home que acaba de volver da cadea

A derecha y a izquierda
por detrás, por delante,
cadáveres me cercan.

Esqueletos de niños,
cenizas de mujeres,
osamentas de amigos.

Los que me fueron dulces,
las que me fueron bellas
cimientos son de cruces.

También los que lucharon
brazo a brazo conmigo,
cruzados ya los brazos.

Rodeado de muertos;
ellos, sin mí, qué solos;
yo, qué solo, sin ellos[9]

NotasEditar

  1. Carballo Calero, Ricardo (1993). Poesía perdida. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-636-X. 
  2. Carballo Calero, Ricardo (1928). Trinitarias (Poesías). T.T. “El Correo Gallego”. 
  3. Carballo Calero, Ricardo (1932). La soledad confusa (1929-1930). Nós. 
  4. Carballo Calero 1993, p. 35-36.
  5. Carballo Calero 1993, p. 7.
  6. Carballo Calero 1993, p. 13.
  7. Carballo Calero 1993, p. 250.
  8. Carballo Calero 1993, p. 23-24.
  9. Carballo Calero 1993, p. 34.