Podisus maculiventris

especie de insecto

Podisus maculiventris

P. maculoventris comendo larvas de Epilachna varivestis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Heteroptera
Familia: Pentatomidae
Xénero: Podisus
Especie: Podisus maculiventris
(Say, 1832)

Podisus maculiventris é unha especie de hemíptero pentatómido común en América do Norte. É un predador das eirugas de Lymantria dispar e das larvas do escaravello da pataca e de Epilachna varivestis. Como E. vsrivestis é considerado unha importante praga agrícola en América do Norte, P. maculiventris é xeralmente considerado como un insecto beneficioso para os xardíns e cultivos.

P. maculiventris é un predador xeneralista cun amplo rango de hóspedes, atacando a 90 especies de insectos, entre os que se inclúen pragas economicamente importantes. Entre as súas presas coñecidas están as larvas de E. varivestis, o escaravello da pataca, os Alticini e a Plutella xylostella, e Helicoverpa zea, Spodoptera frugiperda, Spodoptera exigua, Ostrinia nubilalis, Trichoplusia ni, Pieris rapae e Anticarsia gemmatalis. Cando as presas son escasas, P. maculiventris pode alimentarse de zumes de plantas, pero este tipo de alimentación non se viu que sexa causa significativa de danos para as plantas.

P. maculiventris está asociado con varios cultivos, como alfalfa, mazás, espárragos, feixóns, apio, algodón, crucíferas, cucrbitáceas, berenxenas, patacas, cebolas, soia, millo doce e tomates. A efectividade desta especie na depredación de pragas de importancia económica motivou o seu uso nos programas de control biolóxico de pragas clásico fóra de América do Norte, incluíndo Europa oriental e Rusia. Porén, non tivo un éxito completo en climas máis fríos, quizais debido á inestabilidade do insecto para conseguir pasar o inverno. Os ovos de P. maculiventris véndense comercialmente para usalos en programas de control; isto demostrou ser efectivo no control de pragas en invernadoiros calefactados de Europa e América do Norte. O uso en campos de cultivos de grandes áreas non adoita ser economicamdnte viable, debido aos custos de produción de grandes cantidades ovos de P. maculiventris. Ademais, as poboacións residentes de P. maculiventris a miúdo non son dabondo grandes para conseguir conter os grandes gromos de pragas de larvas que aparecen en primavera. Utilizáronse feromonas para atraer poboacións naturais e novas poboacións emerxentes deste hemíptero para que protexa os campos de cultivo en primavera.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.