Thomas Say
naturalista estadounidense
Thomas Say, nado o 27 de xuño de 1787 en Filadelfia, Pensilvania, e finado o 10 de outubro de 1834 en New Harmony, Indiana, foi un entomólogo, carcinólogo e herpetólogo estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1787 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 10 de outubro de 1834 (47 anos) Nova Harmonia, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Febre tifoide |
Lugar de sepultura | Nova Harmonia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia natural |
Ocupación | botánico, explorador, ornitólogo, carcinólogo, biólogo, zoólogo, malacólogo, entomólogo, escritor |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Say |
Abreviatura do autor en zooloxía | Say |
Familia | |
Cónxuxe | Lucy Say |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Indiana Authors and Their Books 1819-1916 (en) |
Traxectoria
editarOs seus estudos sobre insectos e crustáceos, as súas numerosas publicacións en revistas científicas e as súas expedicións científicas a Florida, Xeorxia, as Montañas Rochosas, México e outros lugares, convertérono nun naturalista de renome internacional. Say foi chamado o pai da entomoloxía descritiva norteamericana e da carcinoloxía norteamericana.
Exerceu de bibliotecario na Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia, conservador da American Philosophical Society e profesor de Historia Natural na Universidade de Pensilvania.