Podarcis
Podarcis é un xénero da clase dos saurópsidos (réptiles), orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e familia dos lacértidos, un dos comprendidos na familia dos lacertinos.
Podarcis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Podarcis bocagei en Campo do Gerês, Terras de Bouro, distrito de Braga | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Seps muralis Laurenti, 1768 | |||||||||||||||||
Área de distribución e filoxenia
das especies do xénero Podarcis na península Ibérica e o norte de África. | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Características
editarAs súas especies presentan moitas semellanzas externas coas do xénero Lacerta, pero son de menor tamaño (20–25 cm) e a súa anatomía interna é bastante diferente na construción do cranio o hemipene, e os procesos das vértebras caudais.[1]
Boas gabeadoras, as súas escamas dorsais son pequenas, e as ventrais, sen colar, non están imbricadas. As súas placas supratemporais son estreitas. Poden desprender a cola cando escapan dos depredadores.[2]
Distribución
editarAs especies de Podarcis teñen unha distribución circunmediterránea. Varias especies e subespecies son endémicas de certas illas ou illotes, ás veces de só uns centos de metros cadrados de extensión.
En Galicia
editarEn Galicia están presentes as especies Podarcis bocagei, P. hispanica e P. muralis, que son coñecidas co nome vulgar de lagartas.[3]
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1830 polo zoólogo alemán, especializado en herpetoloxía, Johann Georg Wagler,[4][5] na súa obra Natürliches System der Amphibien, mit vorangehender Classification der Säugthiere und Vogel. Ein Beitrag zur vergleichenden Zoologie.[5]
Sinónimo
editarAdemais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[5]
- Podarces Wiegmann, 1834
Especies
editarO xénero comprende as seguintes vinte e cinco especies:[4][5][6]
- Podarcis bocagei (López Seoane, 1885)
- Podarcis carbonelli Perez Mellado, 1981
- Podarcis cretensis (Wettstein, 1952)
- Podarcis erhardii (Bedriaga, 1882)
- Podarcis filfolensis (Bedriaga, 1876)
- Podarcis gaigeae (Werner, 1930)
- Podarcis guadarramae (Boscá, 1916)
- Podarcis hispanicus (Steindachner, 1870)
- Podarcis ionicus (Lehrs, 1902)
- Podarcis latastei (Bedriaga, 1879)
- Podarcis levendis Lymberakis, et al., 2008
- Podarcis lilfordi (Günther, 1874)
- Podarcis liolepis (Boulenger, 1905)
- Podarcis melisellensis (Braun, 1877)
- Podarcis milensis (Bedriaga, 1882)
- Podarcis muralis (Laurenti, 1768)
- Podarcis peloponnesiacus (Bibron & Bory, 1833)
- Podarcis pityusensis (Boscá, 1883)
- Podarcis raffonei (Mertens, 1952)
- Podarcis siculus (Rafinesque-Schmaltz, 1810)
- Podarcis tauricus (Pallas, 1814)
- Podarcis tiliguerta (Gmelin, 1789)
- Podarcis vaucheri (Boulenger, 1905)
- Podarcis virescens Geniez, et al., 2014
- Podarcis waglerianus Gistel, 1868
Notas
editar- ↑ Diesener, Günter & Reichholf (1996). Lurche und Kriechtiere. München: Mosaik-Verlag. ISBN 978-3-5761-0697-0.
- ↑ Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 303.
- ↑ lagarta no Dicionario da RAG.
- ↑ 4,0 4,1 Podarcis Wagler, 1830 no ITIS. Consultado o 22 de agosto de 2921.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Podarcis Wagler, 1830 no GBIF. Consultado o 22 de agosto de 2921.
- ↑ Podarcis en The Reptile Database.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Podarcis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Podarcis |
Bibliografía
editar- Arnold, E. N., Arribas, O. & Carranza, S. (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1–86. (Resume).
- Edwards, S., Branch, W. R., Vanhooydonck, B., Herrel, A., Measey, G. J. & Tolley, K. A. (2013): "Taxonomic adjustments in the systematics of the southern African lacertid lizards (Sauria: Lacertidae)". Zootaxa 3669 (2): 101–114. (Resume).
- Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.