Placa indoaustraliana

A placa indoaustraliana é unha placa tectónica principal que inclúe o continente de Australia e o océano circundante, estendéndose cara ao noroeste para incluír o subcontinente indio e as augas adxacentes.[1] Formóuse pola fusión das placas india e australiana hai aproximadamente 43 millóns de anos.[2] A fusión ocurriu cando a dorsal oceánica, que separaba ambas placas, cesou a súa actividade e deixou de extenderse.[3]

Modelo:Xeografía físicaPlaca indoaustraliana
Imaxe
TipoPlaca tectónica Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira conPlaca eurasiática
Placa Arábica (pt) Traducir
Placa somali (pt) Traducir
Placa antártica
Placa pacífica
Kermadec Plate (en) Traducir
Placa de Tonga (pt) Traducir
Niuafo'ou Plate (en) Traducir
Futuna Plate (en) Traducir
Balmoral Reef Plate (en) Traducir
Conway Reef Plate (en) Traducir
Placa das Novas Hébridas (pt) Traducir
Woodlark Plate (en) Traducir
Maoke Plate (en) Traducir
Bird's Head Plate (en) Traducir
Banda Sea Plate (en) Traducir
Timor Plate (en) Traducir
Placa da Sonda (pt) Traducir
Placa da Birmânia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
AtravesaAustralia, Papúa Nova Guinea, India, Nova Zelandia, Sri Lanka, Maldivas, Paquistán, Nepal, Bután, Bangladesh e Myanmar Editar o valor en Wikidata
Mapa das placas tectónicas. A placa indoaustraliana divídese na placa australiana (laranxa) e a placa india (vermella).

Esténdese desde a fronteira da India coa China e Nepal, abarcando o subcontinente indio, o leste do océano Índico, Australia, Melanesia e estendéndose ata Nova Zelandia . Está subdividida en dúas placas que se fusionaron hai 50-55 millóns de anos e cuxos límites manteñen unha baixa actividade tectónica: a placa australiana e a placa indica.

Movementos da placa

editar

A parte oriental (Australia) móvese cara ao norte a unha velocidade de 5,6 cm/ano, mentres que a parte occidental (India) só se move a unha velocidade de 3,7 cm/ano debido ao impedimento do Himalaia. Este movemento diferencial resultou na compresión da placa anterior preto do seu centro en Sumatra e na división nas placas India e Australiana.[4][5]

Unha terceira placa, coñecida como a placa Capricornio, tamén se pode estar a separar do lado occidental da placa india como parte da continua ruptura da placa indoaustraliana.[6]

Separación

editar

Estudos recentes e evidencias de eventos sísmicos como os terremotos do océano Índico de 2012, suxiren que a placa indoaustraliana puido dividirse en dúas ou tres placas separadas principalmente debido ás tensións inducidas pola colisión da placa indoaustraliana con Eurasia ao longo do que máis tarde se converteu no Himalaia,[7][8] e que a placa india e a placa australiana levan separadas dende hai polo menos 3 millóns de anos..[9]

  1. Strahler, Arthur N. (1992). "12". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 260, 338–41. ISBN 84-282-0770-4. 
  2. "The Indo-Australian Plate". austhrutime.com (en inglés). 
  3. Keep, Myra; Schellart, Wouter P. (2012). "Introduction to the thematic issue on the evolution and dynamics of the Indo-Australian plate". Australian Journal of Earth Sciences (en inglés). 59, 2012 (6: THEMATIC ISSUE — Evolution and dynamics of the Indo-Australian plate): 807–808. doi:10.1080/08120099.2012.708360. 
  4. "Earth cracking up under Indian Ocean" (en inglés). New Scientist. 26 setembro 2012. Consultado o 14 marzo 2018. 
  5. Delescluse, Matthias; Chamot-Rooke, Nicolas; Cattin, Rodolphe; Fleitout, Luce; Trubienko, Olga; Vigny, Christophe (26 setembro 2012). "April 2012 intra-oceanic seismicity off Sumatra boosted by the Banda-Aceh megathrust". Nature (en inglés) 490 (7419): 240–4. PMID 23023134. doi:10.1038/nature11520. 
  6. Siegel, Lee (26 setembro 2012). "Sumatra quake was part of crustal plate breakup: Study shows huge jolt measured 8.7, ripped at least 4 faults". Phys.Org. Consultado o 6 outubro 2012. 
  7. "Press Release: An Earth Plate Is Breaking in Two". www.columbia.edu (en inglés). 
  8. R. R. Hillis, R. D. Müller. Evolution and Dynamics of the Australian Plate
  9. Stein, Seth; Sella, Giovanni; Okai, Emile A. (2002). "The January 26, 2001 Bhuj Earthquake and the Diffuse Western Boundary of the Indian Plate" (PDF). Plate Boundary Zones. Geodynamics Series (en inglés). American Geophysical Union. pp. 243–254. ISBN 9781118670446. doi:10.1029/GD030p0243. Consultado o 26 decembro 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar