Pink Mountaintops

Pink Mountaintops é unha banda canadense de rock alternativo formada en Vancouver en 2003 e liderada por Stephen McBean, único membro constante.[1] O grupo naceu como un proxecto en solitario de McBean, pero funciona como un proxecto colaborativo no que participan outros moitos músicos.[2]

Pink Mountaintops
Pink Mountaintops en 2009
OrixeVancouver, Canadá
Período2003 - presente
Xénero(s)rock psicodélico, folk rock, rock experimental, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Jagjaguwar, Low Transit Industries
MembrosStephen McBean
Na rede
pinkmountaintops.com
MySpace: pinkmountaintops Spotify: 1g58rJkJZVaUGMUTHTZmYi iTunes: 21356287 Last fm: Pink+Mountaintops Musicbrainz: 307acc10-db10-441a-abf8-4c47e63b342c Songkick: 489678 Discogs: 478060 Allmusic: mn0000677139 Deezer: 6004 Editar o valor em Wikidata

O primeiro álbum do grupo, Pink Mountaintops, foi lanzado en 2004 polo selo Jagjaguwar e conta con Amber Webber e Joshua Wells. Os seus temas van dende o country alternativo ata o indie rock.[3] O seu segundo traballo, Axis of Evol, apareceu en 2006.

O seu terceiro disco, Outside Love, incluíu colaboracións de membros doutras bandas, como Godspeed You! Black Emperor e Jackie O Motherfucker.[2] O cuarto álbum de estudio de Pink Mountaintop, Get Back, foi lanzado en 2014. Entre os músicos que colaboraron atópanse Annie Hardy, Greg Foremann, e Rob Barbato. O disco foi gravados nos Ánxeles e producido por Joe Cardamone.[4]

O seu derradeiro álbum ata a data, Peacock Pools, foi editado en 2022 polo selo ATO Records, desta vez coa axuda de músicos de bandas como Destroyer, Ty Segall, Black Mountain, Melvins ou Redd Kross.[5]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Pink Mountaintops 2004 Jagjaguwar
Axis of Evol 2006 Jagjaguwar
Outside Love 2009 Jagjaguwar
Get Back 2014 Jagjaguwar
Peacock Pools 2022 ATO Records

Notas editar

  1. "The Pink Mountaintops Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-12-11. 
  2. 2,0 2,1 "Pink Mountaintops: Outside Love". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-12-11. 
  3. "Pink Mountaintops - The Pink Mountaintops". exclaim!. Consultado o 11/12/23. 
  4. "Pink Mountaintops - Get Back". exclaim!. Consultado o 11/12/23. 
  5. "Pink Mountaintops Announce New Album Peacock Pools, Share Video for New Song". Pitchfork (en inglés). 2022-02-16. Consultado o 2023-12-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar