Godspeed You! Black Emperor

Godspeed You! Black Emperor (anteriormente escrito como Godspeed You Black Emperor! e normalmente abreviado como GYBE ou GY!BE) é unha banda canadense de post-rock procedente de Montreal, Quebec e formada en 1994. Foron o primeiro grupo en editar as súas gravacións a través de Constellation, un influente selo discográfico independente tamén localizado en Montreal.

Godspeed You! Black Emperor
Godspeed You Black Emperor! - London Nov 20003.jpg
OrixeMontreal, Canadá Flag of Canada.svg
Período1994 – 2003
2010 – presente
Xénero(s)post-rock, música experimental, rock instrumental, dark ambient
Selo(s) discográfico(s)Constellation, Kranky
MembrosEfrim Menuck
Mike Moya
Mauro Pezzente
David Bryant
Aidan Girt
Sophie Trudeau
Thierry Amar
Bruce Cawdron
Antigos membrosRoger Tellier-Craig
Norsola Johnson
Grayson Walker
John Littlefair
Thea Pratt
James Chau
Páxina webPáxina web

Despois da publicación do seu álbum de estrea en 1997, a banda xirou con regularidade dende 1998 ata 2002. No 2003 o grupo anunciou un hiato indefinido para que os seus membros se dedicasen a outros proxectos musicais. Nese período falouse varias veces da separación definitiva de Godspeed You! Black Emperor, pero volveu reunirse para unha xira que tivo lugar entre finais do 2010 e principios do 2011, tocando tamén no festival de Coachella do 2012. Dende entón editaron dous álbums máis, o último deles, Luciferian Towers, no ano 2017.

Godspeed You! Black Emperor é considerada unha banda de culto e unha grande influencia no xénero do post-rock.[1][2] No mes de setembro de 2013 o seu traballo Allelujah! Don't Bend! Ascend! gañou o Polaris Music Prize.[3]

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Álbum Ano Selo
All Lights Fucked on the Hairy Amp Drooling 1994 autoeditado
F♯ A♯ ∞ 1997 Constellation/Kranky
Lift Your Skinny Fists Like Antennas to Heaven 2000 Constellation/Kranky
Yanqui U.X.O. 2002 Constellation
'Allelujah! Don't Bend! Ascend! 2012 Constellation
Asunder, Sweet and Other Distress 2015 Constellation
Luciferian Towers 2017 Constellation

EPsEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

NotasEditar

  1. The Key (ed.). "Just Announced: Post-rock cult faves Godspeed You! Black Emperor headlining Union Transfer". Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  2. Evening Standard (ed.). "Godspeed You! Black Emperor, O2 Academy Brixton - music review". Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  3. The Guardian (ed.). "Godspeed win top music prize, then say awards event is 'insane'". Consultado o 29 de decembro de 2017.