Asunder, Sweet and Other Distress

Asunder, Sweet and Other Distress é o quinto álbum de estudio da banda canadense de post-rock Godspeed You! Black Emperor, publicado o 31 de marzo de 2015 a través do selo Constellation Records. O disco foi gravado co enxeñeiro de Electrical Audio Greg Norman en Carolina do Norte e Montreal,[1][2] e foi o primeiro con material novo dende a reforma da banda en 2010.[3] Tamén é, coa excepción da versión en vinilo de F♯ A♯ ∞, o álbum máis curto do grupo, durando só corenta minutos.

Asunder, Sweet and Other Distress
Álbum de Godspeed You! Black Emperor
Publicado31 de marzo de 2015
Gravación2013 - 2014
Estudio(s)Fidelitorium, Kernersville
Hotel2Tango, Mile End, Montreal
The Pines, Griffintown
Duración40:23
Xénero(s)post-rock, música drone
Selo(s)Constellation Records
Cronoloxía
'Allelujah! Don't Bend! Ascend!
(2012)
Asunder, Sweet and Other Distress Luciferian Towers
(2017)

O álbum foi anunciado o 24 de febreiro de 2015 e o grupo compartiu un anaco de "Peasantry or 'Light! Inside of Light!'" en SoundCloud.[4] O 24 de marzo dese ano Constellation puxo en streaming o disco no seu SoundCloud.

Listaxe de cancións editar

Os catro temas do álbum están baseados en "Behemoth", tocada ao vivo numerosas veces dende 2012 e gravada para a serie de concertos We Have The Signal.[5]

N.º Título Duración
1. "Peasantry or 'Light! Inside of Light!'"   10:28
2. "Lambs' Breath"   9:52
3. "Asunder, Sweet"   6:13
4. "Piss Crowns Are Trebled"   13:50

Notas editar