Petronio
Titus Petronius Niger, máis coñecido como Petronio (Petronius Arbiter en latín), nado cara ao ano 27 en Marsella (Galia) e finado cara ao ano 66 en Cumae, foi un escritor romano.
Petronio | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Publius Petronius Niger |
Alcume | arbiter elegantiae |
Nacemento | c. 27 |
Lugar de nacemento | Massilia |
Falecemento | 66 |
Lugar de falecemento | Cumas |
Causa | exsanguinação |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | escritor, político, militar, poeta e filósofo |
Pai | Públio Petrônio |
Nai | Plautia |
Irmáns | Petronia e Públio Petrônio Turpiliano |
Coñecido por | Satíricon |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2012.) |

No ano 66 foi acusado de participar na conspiración de Piso, co obxectivo de asasinar a Nerón. De feito, pretendía el mesmo tornarse emperador de Roma. Descuberta a conspiración, sen ningún xuízo, foi obrigado a se suicidar e, na presenza dos seus amigos, cortou os pulsos.
Petronio é autor do Satiricón,[1] unha novela satírica en prosa e verso en latín da que se conservan algúns fragmentos. É unha obra imaxinativa, irreverente e divertida que relata as aventuras de dous libertinos: Encolpio e Ascilto.
Petronio é un dos personaxes da novela Quo Vadis? (1894) de Henryk Sienkiewicz.
Notas
- ↑ Incluído na colección Clásicos en Galego.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Petronio |
Bibliografía editar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "Petronio". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1627. ISBN 978-84-8288-942-9.
Ligazóns externas editar
- "Petronio". Copia arquivada. Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009. Arquivado dende o orixinal o 8/4/2009. Consultado o 8/4/2009.