Peter Zumthor

arquitecto suizo

Peter Zumthor, nado en Basilea o 26 de abril do 1943, é un arquitecto suízo, gañador do Premio Pritzker do ano 2009. Cunha obra de grande estilo independente, Zumthor destaca pola súa sensibilidade cos materiais, especialmente a madeira, e coa atmosfera que crea e envolve o propio edificio. Aínda que a súa obra non é moi prolífica, amosa unha exquisita calidade, non deixando que a forma sexa a principal protagonista nos seus proxectos.

Modelo:BiografíaPeter Zumthor

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Basilea, Suíza Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Pratt Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Haldenstein (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, restaurador, profesor universitario, deseñador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade Técnica de Múnic
Southern California Institute of Architecture (en) Traducir
Università della Svizzera italiana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm2414022 BNE: XX1717433 Dialnet: 2186948 Editar o valor en Wikidata
Bruder Klaus Kapelle.
Museo de Kolum.
Capela de San Benedito.
Termas de Vals.

Traxectoria

editar

Os seus comezos

editar

Fillo dun carpinteiro, Zumthor recibe formación no traballo da madeira dende moi novo. Do 1958 até o 1962 adéstrase como ebanista. Máis tarde, entre os anos 1963 e 1966, estuda na Escola de Deseño Kunstgewerbeschule, Vorkurs and Fachklasse na cidade de Basilea. Un ano despois, ao rematar os estudos en Suíza, múdase a Nova York, comezando os estudos de arquitectura e deseño no Instituto Pratt da mesma cidade. No 1968 obtén o título de arquitecto.

Os seus proxectos

editar
  • 1983 Escola elemental Churwalden, Churwalden, Cantón dos Grisóns, Suíza.
  • 1983 Casa Räth, Haldenstein, Graubünden, Suíza.
  • 1986 Edificio de recollida de restos arqueolóxicos romanos, Chur, Cantón dos Grisóns, Suíza.
  • 1986 Estudo Zumthor, Haldenstein, Cantón dos Grisóns, Suíza.
  • 1989 Capela de San Bieito, Sumvitg, Cantón dos Grisóns, Suíza.
  • 1990 Museo de arte de Chur, Chur, Cantón dos Grisóns, Suíza.
  • 1993 Residencia para a terceira idade, Masans, Chur, Cantón dos Grisóns, Suíza.
  • 1994 Casa Gugalun, Versam, Cantón dos Grisóns, Suíza.
  • 1996 Spittelhof housing, Biel-Benken, Cantón de Basilea-Campiña, Suíza.
  • 1996 Termas de Vals, Vals, Cantón dos Grisóns, Suíza.
  • 1997 Museo de Arte de Bregenz, Bregenz, Vorarlberg, Austria.
  • 1997 Topography of Terror, International Exhibition and Documentation Centre, Berlín, Alemaña, construído parcialmente, abandonado, demolido en 2004.
  • 1997-2000 Pavillón de Suíza para la Exposición 2000, Hannover, Alemaña.
  • 1997 Vila en Küsnacht am Zürichsee Küsnacht, Suíza.
  • 1997 Lichtforum Zumtobel Staff, Zürich, Suíza.
  • 1997-2000 Museo diocesano de Kolumb, Colonia, Alemaña.
  • 1999 Cloud Rock Wilderness Lodge Moab.
  • 2007 Bruder Klaus Kapelle

Premios

editar
  • 1987 Auszeichnung guter Bauten im Kanton Graubüunden, Suíza.
  • 1989 Medalla Heinrich Tessenow, Technische Universität Hannover, Alemaña.
  • 1991 Gulam, Premio European wiid-glue.
  • 1992 Internationaler Architekturpreis für Neues Bauen in den Alpen, Graubünden, Suíza.
  • 1993 Mellor edificio do 1993 polo Swiss tc's '10 vor '10, Graubünden, Suíza.
  • 1994 Auszeichnung guter Bauten im Kanton Graubüunden, Suíza.
  • 1995 Premio internacional de arquitectura en pedra, Fiera di Verona, Italia.
  • 1995 Internationaler Architekturpreis für Neues Bauen in den Alpen, Graubünden, Suíza.
  • 1996 Erich-Schelling-Preis für Architektur, Erich-Schelling-Stiftung, Alemaña.
  • 1998 Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea polo Bregenz Art Museum.
  • 1998 Premio de Arquitectura Carlsberg.
  • 2006 Spirit of Nature Wood Architecture Award.
  • 2006 Thomas Jefferson Foundation Medal in Architecture, University of Virginia.
  • 2008 Praemium Imperiale, Asociación das Artes do Xapón.
  • 2009 Premio Pritzker

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar