Península de Santa Marta

A península de Santa Marta atópase na parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.

Península de Santa Marta.

Historia editar

 
Capela de Santa Marta.

Consérvanse petróglifos do neolítico e restos dun poboado castrexo da idade de ferro. No século XV construíuse unha ermida de estilo románico, que foi posteriormente reformada. No ano 1585 desembarcou na península o pirata Francis Drake coa intención de conquistar Monterreal, e incendiou a capela.[1]

Xeografía editar

 
Praia de Santa Marta.

A península atópase entre o porto de Baiona e a frecha litoral da Ladeira. Comprende unha praia con Bandeira Azul chamada Areal de Santo Estevo, aínda que comunmente se lle chama Praia de Santa Marta.[2]

Festas na honra de Santa Marta editar

Todos os anos se festexa a romaría de Santa Marta o día 15 de agosto. Conta cunha novena e cunha procesión con moitos devotos na zona polos seus milagres.

Notas editar

  1. Turgalicia. "Capela de Santa Marta de Baíña". Consultado o 29/10/2014. 
  2. Turgalicia. "Santa Marta, praia". Consultado o 30/10/2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar