Abrir o menú principal

Pedro Rielo

escritor e xornalista galego

Pedro Rielo Lamela, nado en Pontevedra o 3 de decembro de 1972, é un escritor e xornalista galego.

Pedro Rielo
Presentador TVG-Festa Malla Doade 2015 13.JPG
Pedro Rielo na Festa da malla de Doade en 2015.
Nacemento3 de decembro de 1972
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e xornalista
NaiPaz Lamela Vilariño
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou no IES Sánchez Cantón e licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, realizou estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela.

Como xornalista ten colaborado, entre outros medios, no Diario de Pontevedra, El Progreso, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, O Correo Galego, Antena 3 TV e Galicia Hoxe.

Como escritor colaborou con poemas en revistas como Dorna, Microfisuras, Bravú e Barataria.

É empregado de Servicios Audiovisuales Overon e dende o 17 de setembro de 2012 é xornalista de directos para os programas informativos da Televisión de Galicia como os Telexornal, A Revista e o Bos Dias.

En outubro de 2018 gañou o III Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Detrás dos perdidos[1].

Pedro Rielo é fillo de Paz Lamela Vilariño e sobriño dos cregos escritores Isaac Rielo Carballo e Nicanor Rielo Carballo.

Obra en galegoEditar

PoesíaEditar

NarrativaEditar

EnsaioEditar

NotasEditar

  1. "O xornalista Pedro Rielo gaña o III Neira Vilas de Novela Curta". Faro de Vigo. Consultado o 01/11/2018. 
  2. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Detrás dos perdidos". www.edicionsembora.es. Consultado o 2019-07-01. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar