Pedro Antonio Quiroga

fidalgo galego

Pedro Antonio Quiroga Hermida, nado en 1807 e finado no Carballiño o 7 de xaneiro de 1875, foi un fidalgo galego.

Pedro Antonio Quiroga
Retrato de uniforme 1855 Dionisio Fierros 67,8 x 60,2 cm.jpg
Este retrato, obra de Dionisio Fierros, podería corresponder a Pedro Antonio Quiroga.[1]
Nacemento1807
Falecemento7 de xaneiro de 1875
Lugar de falecementoO Carballiño
NacionalidadeEspaña
FillosEduardo Quiroga Pérez e José Quiroga Pérez de Deza
editar datos en Wikidata ]
Pazo de Banga, residencia dos Quiroga.

TraxectoriaEditar

Herdou as casas fidalgas de Santa María de Oleiros, de San Tirso de Mabegondo (Abegondo), de Redondelle en San Xes da Peroxa e de Osebe en San Miguel de Lebosende (Leiro). Casou con María Asunción Pérez de Deza Pinal, que era dona da casas fidalgas de Banga (O Carballiño), de Corneda (O Irixo), de Cimadevida en San Xoán de Cabanelas (O Carballiño), e de Quintela en Santiago de Catasós (Lalín). Tiveron dous fillos: José e Eduardo. Foi nomeado Comisario provincial de Agricultura en Ourense en 1874.

NotasEditar

  1. Rodríguez Paz 2019, p. 442-443.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar