Eduardo Quiroga Pérez
político galego
Eduardo Quiroga Pérez de Deza, nado en Banga (O Carballiño) e finado no Carballiño o 7 de xullo de 1921, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Banga, España ![]() |
Morte | 7 de xullo de 1921 ![]() O Carballiño, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Jorge Quiroga García ![]() |
Pai | Pedro Antonio Quiroga ![]() |
Irmáns | José Quiroga Pérez de Deza ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/25/Pazo_de_Banga%2C_O_Carballi%C3%B1o.jpg/250px-Pazo_de_Banga%2C_O_Carballi%C3%B1o.jpg)
Traxectoria
editarFillo de Pedro Antonio Quiroga e María Asunción Pérez de Deza Pinal e irmán de José Quiroga Pérez de Deza, que casou con Emilia Pardo Bazán. Casou con Mª Purificación Reinoso en 1872, finada en 1875 sen descendencia, e en segundas nupcias con María del Carmen García del Hoyo Pardo, e foi pai de Jorge Quiroga García[1]. Foi elixido deputado polo distrito do Carballiño en 1872. Volveu ser elixido polo mesmo distrito nas elección de 1884.