Pedro Agustín Girón

Pedro Agustín Girón, o duque de Ahumada, nado en Donostia en 1778 e finado en Madrid o 14 de maio de 1842, foi un militar e xeneral español, que se distinguiu ao longo da Guerra da Independencia.

Pedro Agustín Girón
Pedro Agustín Girón.jpg
Nacemento2 de xaneiro de 1778
Lugar de nacementoDonostia
Falecemento14 de maio de 1842
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
FillosFrancisco Javier Girón
PremiosCruz Laureada de San Fernando, Gran Cruz da Orden de Carlos lll e Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estaba emparentado co xeneral Castaños, de quen era sobriño. Ingresado no exército, participou na Guerra do Rosellón.

Durante a Guerra da Independencia, foi posto ao mando do Exército de Galiza, distinguíndose ao mando dese corpo, ao final da contenda na fronte vasca, nas tomas de Tolosa e Pasaia, na provincia de Guipúscoa, no ano 1813. Pouco despois foi relevado no mando desa unidade polo xeneral Freire, quen lograría a gloria coas súas tropas na batalla de San Marcial.

Durante a Restauración absolutista, a partir de 1814, Girón salientouse como partidario do liberalismo. Ao triunfar este en 1820, Girón foi nomeado ministro da Guerra. A pesar do seu pasado, á morte de Fernando VII, en 1833, o duque de Ahumada entrou a formar parte do Consello de Rexencia, e entre 1835 e 1836, en plena Guerra Carlista, volveu de novo a dirixir o ministerio da Guerra.