Exército de Galicia
O Exército de Galicia foi unha unidade militar española formada a finais de xuño de 1808 para facer fronte á Grande Armée de Napoleón, sobre todo na zona da cordilleira Cantábrica, durante a guerra de Independencia española.
Formado por 43 000 soldados regulares, polo menos sobre o papel, o seu primeiro comandante foi o mozo xeneral Blake, quen tivo que entregar o mando ao xeneral Pedro Caro e Sureda, III marqués de La Romana[1] en novembro de 1808, cando a recentemente formada Xunta Central decreta a incorporación do Exército de Galicia, agora composto por 12 000 homes, xunto co Exército de Asturias, e os homes do marqués de La Romana vindos de Dinamarca, para formar o 1º[2][3][4] Exército da Esquerda, un dos catro grandes novos corpos do reestruturado Exército de España.[4][1]
1808
editarBatalla de Medina de Rioseco (14 de xullo)
editar- Artigo principal: Batalla de Medina de Rioseco.
Tras a derrota na batalla de Cabezón, a mediados de xuño, do pequeno Exército de Castela comandado polo xeneral Cuesta, derrota que lle obrigou a Cuesta entregar Valladolid ao xeneral Lasalle e fuxir a Benavente, a Blake ordenáronlle unirse as súas tropas ás de Cuesta. Blake orixinalmente rexeitara unha petición neste sentido, alegando que aos seus homes lles faltaba aínda formación e que ao efectivo lle faltaban aínda moitos homes. Cando Blake emprendeu o camiño para unirse con Costa, contaba con 27 000 soldados de pé e 150 homes de a cabalo. Tras deixar diversas guarnicións polo camiño para controlar os desfiladeiros, ao chegar Blake a Benavente, as forzas combinadas súas e de Cuesta foron de 22 000 homes.[1]
Con todo, impondo a súa antigüidade no mando sobre os criterios de Blake, Cuesta insistiu en dirixir as forzas combinadas cara a Valladolid, sede da súa capitanía xeneral para retomala. Saíndo de Benavente o 12 de xullo, e desconcertadas por unha clara falta de coordinación nos mandos, as tropas españolas sufriron unha derrota importante en Medina de Rioseco o día 14, co mariscal Jean-Baptiste Bessières aproveitando a separación entre as tropas de Blake e as de Cuesta, que quedara atrás, cerca da propia vila.[5]
A mediados do mes de setembro de 1808, o Exército de Galicia estaba composto por 22 728 infantes e 400 cabalos en catro divisións, co marqués de Portago ao mando da 4.ª división.[1][4]
Bilbao (11 de outubro)
editarO 11 de outubro Blake en persoa recupera a Bilbao, obrigando a Merlin abandonar a cidade pouco despois de que o mariscal Ney a recuperase.[4]
Batalla de Pancorbo (31 de outubro)
editar- Artigo principal: Batalla de Pancorbo.
O 31 de outubro, os 26 000 franceses do 4.[4]º Corpo, baixo mariscal Lefebvre, atacan aos 16 500 homes de Blake en Pancorbo.[4]
O efectivo de Blake estaba composto pola 1.ª división do xeneral Figueroa; a división do xeneral Martinengo; 3.ª división ao mando de xeneral Riquelme; a vangarda do xeneral Mendizabal e a reserva do xeneral Mahy.[4]
Batalla de Valmaseda (6 de novembro)
editar- Artigo principal: Batalla de Valmaseda.
A que sería a última vitoria militar española de 1808 resultou ser unha simple vitoria táctica, que non cambiaría o curso da guerra.[Cómpre referencia]
Batalla de Espinosa de los Monteros (10 e 11 de novembro)
editar- Artigo principal: Batalla de Espinosa de los Monteros.
1809
editarBatalla de Villafranca (17 de marzo)
editar- Artigo principal: Batalla de Villafranca.
1813
editarBatalla de San Marcial (31 de agosto)
editar- Artigo principal: Batalla de San Marcial (1813).
Na batalla de San Marcial, o IV Exército, co xeneral Manuel Freire ao mando, e que derrota as tropas do mariscal Soult, tamén é coñecido como o Exército de Galicia.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 de Toreno, Conde (1839) Historia del levantamiento, guerra y revolución de España, pp. 196-7, 277-8, 295. En Google Books. Consultado o 25 de abril de 2018.
- ↑ Blake y Orbaneja, Joaquín. «Apuntes históricos sobre las operaciones del ejército de...» Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Consultado el 25 de abril de 2018.
- ↑ Cayuela Fernández, José Gregorio; Gallego Palomares, José Ángel. La guerra de la Independencia. Historia bélica, pueblo y nación en España (1808-1814), p. 165. Universidad de Salamanca, 2008. En Google Books. Consultado o 25 de abril de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Rodríguez García, Francisco (1865). Crónica del señorío de Vizcaya, pp. 92-93, 93-95. Editorial MAXTOR, 2002. En Google Books. Consultado o 25 de abril de 2018.
- ↑ Gates, David (en inglés). The Napoleonic Wars 1803-1815, p. 107. Random House, 2011. En Google Books. Consultado o 25 de abril de 2018.
- ↑ Canales Torres, Carlos. Breve historia de la Guerra de Independencia española: 1808-1814: la heroica historia del levantamiento armado contra el invasor, el desarrollo de la primera constitución y el nacimiento de la España Moderna. Ediciones Nowtilus S.L., 2010. En Google Books. Consultado el 26 de abril de 2018.