Manuel Freire de Andrade
Manuel Alberto Freire de Andrade y Armijo, nado en Carmona (provincia de Sevilla) o 4 de novembro de 1767 e finado en Madrid o 7 de marzo de 1835, foi un militar e xeneral español da arma de cabalería, que se distinguiu durante a Guerra de Independencia española.
Manuel Freire de Andrade | |
---|---|
Nome completo | Manuel Alberto Freire de Andrade y Armijo |
Nacemento | 4 de novembro de 1767 |
Lugar de nacemento | Carmona |
Falecemento | 7 de marzo de 1835 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar |
Premios | Knight Grand Cross of the Order of Saint Ferdinand |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Logo de combater contra os franceses en Murcia, Granada e Valencia (1810-1812), sucedeu o xeneral Girón no mando do IV Exército español ou Exército de Galicia.[1] Comandando ese corpo, Freire triunfou sobre Soult en San Marcial no ano 1813, o que lle valeu ser condecorado coa Cruz de San Fernando). Posteriormente participou na batalla de Tolosa en 1814, onde a súa división se bateu contra os baluartes franceses da cidade[2].
Partidario do absolutismo monárquico, Freire foi encargado de coutar o levantamento de Riego en 1820, facéndose tristemente famoso pola represión que ordenou na cidade de Cádiz.
Vida persoalEditar
Foi fillo de Francisco Freire de Andrade, militar galego.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Gates, D. (2001): The Spanish Ulcer: A History of the Peninsular War. Da Capo Press 2001. ISBN 978-0-306-81083-2
- Longford, E. (1969): Wellington: The Years of The Sword. Nova York: Harper and Row Publishers.