Pedúnculo ocular

En anatomía, un pedúnculo ocular é unha protuberancia que separa o ollo do corpo, dándolle un mellor campo de visión.[1] É unha característica común na natureza e aparece con frecuencia na ficción.[2]

Os caracois terrestres pulmonados adoitan ter dous xogos de tentáculos na cabeza; o par superior culmina nos ollos e o par inferior contén os órganos olfactivos.[1]

Termo editar

O termo aparece mencionado en galego no bUSCatermos, no apartado ablación do pedúnculo ocular.[3]

Provén do latín científico pedunculus, e este é diminutivo do latín pes, pedis '' e do latín ocŭlusollo” e o sufixo «-ar» que nos adxjectivos significa condición, relación ou pertenza, en latín tardío oculāris.

Tamén se emprega o termo omatóforo en galego reintegrado[4][5] e en portugués[6], derivado do grego antigo ὄμμα (ómma, “ollo”) +‎ -phore.

En castelán existe a variante ommatóforo[7] da mesma raíz, e en inglés ommatophore.[8]

Na natureza editar

Os pedúnculos oculares son un tipo de tentáculo especializado. Tamén poden ter órganos olfactivos nos seus extremos.[9] Exemplos de criaturas con tentáculos olfactivos inclúen os caracois, a superfamilia dos trilobites Asaphida e a familia das moscas Diopsidae. Nas lesmas, lesmas de mar e caracois estes tentáculos volven medrar no caso de se danar gravemente, e nalgunhas especies son retráctiles.[1] Os crustáceos tamén teñen pedúnculos oculares, que consisten en dous segmentos.[10]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Slug and Snail Anatomy" (en inglés). All About Slugs. Consultado o 7 de decembro de 2015. 
  2. Allayie SA, Ravichandran S, Bhat BA. Hormonal regulatory role of eyestalk factors on growth of heart in mud crab, Scylla serrata. Saudi J Biol Sci. 2011;18(3):283-286. doi:10.1016/j.sjbs.2011.02.003
  3. "bUSCatermos; 'ablación do pedúnculo ocular'.". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-03-20. 
  4. "Significado de omatóforo no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2023-03-20. 
  5. "Significado de omat(o)- no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2023-03-20. 
  6. "Dicionário Online - Dicionário Caldas Aulete - Significado de omatóforo". aulete.com.br. Consultado o 2023-03-20. 
  7. "Plentuisa vendia" (PDF). www.miteco.gob.es; biodiversidad (en castelán). Consultado o 20 de marzo de 2023. 
  8. "ommatophore" (en inglés). 2021-02-17. 
  9. The Living World of Molluscs (ed.). "Snails and Slugs (Gastropoda) – The Tentacles of Snails". molluscs.at. Consultado o 8 de decembro de 2015. 
  10. Powar, C. B. (1969). "Musculature of the Eyestalk in Crustacea": 127. Consultado o 17 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

----

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.