O latín tardío (en latín: latinitas serior) é o nome académico do latín escrito na antigüidade tardía,[1] no período entre os séculos III e VI d.C.[2][3] e continuando até sérculo VII en Iberia,[1] é dicir entre as épocas do latín clásico e o latín medieval. Os eruditos non están de acordo exactamente cando debería terminar o latín clásico ou debería comezar o latín medieval. Porén, o latín tardío caracterízase (con variacións) por un estilo identificábel. 

Latín tardío
Latinitas serior
Falado en:
Rexións:
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Linguas itálicas
  Latín clásico
   Latín vulgar
    Latín tardío
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Imperio Romano de Occidente,

Imperio Romano de Oriente (despois substituído polo Grego koiné), Imperio Galo, Reino Ostrogodo

Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Áreas onde se falaba latín na Antigüidade Tardía. Nas zonas en verde claro acabouse perdendo polas invasións bárbaras
Status
Santo Agostiño de Hipona (354-430), autor en latín tardío de orixe norteafricana

Ao ser un idioma escrito, o latín tardío non é o mesmo que o latín vulgar, que existía en época anterior. Este último serviu como antepasado das linguas romances. Aínda que os autores do latín tardío empregan unha maior cantidade de vocabulario e construcións do latín vulgar, segue mantendo en gran parte características xenais do latín clásico. Algúns escritos do latín tardío son máis literarios e clásicos, pero outros inclínanse máis ao vernáculo. Ademais, o latín tardío non é idéntico ai latín patrístico cristián, utilizado na teoloxía dos primeiros padres cristiáns. Mentres que os escritos cristiáns usaban un subconxunto do latín tardío, os pagáns tamén escribiron extensamente en latín tardío, especialmente na primeira parte do período. 

O latín tardío formouse cando un gran número de pobos de fala non latina na periferia do Imperio Romano eran subsumidos e asimilados e, co xurdimento do cristianismo que introduciu unha maior división na sociedade romana, creando unha maior necesidade dunha linguaxe estándar para comunicarse entre diferentes registros socioeconómicos e rexións moi separadas do extenso Imperio. Un discurso novo e máis universal evolucionou a partir de varios elementos principais: latín clásico; latín cristián, que contaba cun sermo humilis (fala ordinaria) na que dirixirse á zente,[4] e os diversos dialectos do latín vulgar.[5]

Segundo o lingüista Antoine Meillet:

"Sen que se modificara moito a aparencia exterior da lingua, o latín converteuse no transcurso da época imperial nunha nova li0ngua. Servindo como unha especie de lingua franca para un gran Imperio, o latín tendeu a simplificarse, para manterse por encima de todo o que tiñaa de ordinario".[6]

Construcións filolóxicas editar

Latín tardío e latín posclásico editar

Os conceptos de latín tardío ou antigüidade tardía non son modernos, aínda que a súa orixe permanece escura. Un artigo en Harper's New Monthly Magazine sobre a publicación do Lexicon of the Latin Language de Andrews Freund en 1850 menciona que o dicionario divide o latín en anteclásico, clásico, ciceroniano, augusto, postaugusto e posclásico ou latín tardío,[7][8] o que indica que o termo xa estaba en uso profesional polos clasicistas ingleses de principios do século XIX. Tamén se poden encontrar exemplos de uso vernáculo do termo desde o século XVIII. O termno antigüidade tardía, que significa posclásico e premedieval, se difundira en inglés moito antes desa data.

Latín imperial editar

A primeira edición de 1780 da Historia da literatura romana de Wilhelm Siegmund Teuffel definía un período temperán, a Idade de Ouro, a Idade de Prata e logo pasa a definir outras idades primeiro por dinastía e despois por século. Nas edicións posteriores, subsumiu todos os períodos baixo tres títulos: o Primeiro Período (latín arcaico), o Segundo Período, a Idade de Ouro, e o Terceiro Período, a Idade Imperial, subdividido na Idade de Prata, o século II e os séculos III e VI xuntos, o que foi un recoñecemento do latín tardío, xa que ás veces refírese aos escritos desa época como "tardíos". O concepto de latín imperial entraba na literatura inglesa; a Historia da literatura romana de Fowler menciónao en 1903.[9]

Porén, a caracterización como "imperial" deste latín presenta problemas insolúbeis no comezo e o final do período. Politicamente, o Período Augusto excluído é o paradigma da imperialidade, pero o seu estilo non pode asociarse co da Idade de Prata nin co latín tardío.

Por outra parte, na Italia do século VI, o Imperio Romano de Occidente xa non existía, senón o goberno de reis godos. Por iso, o termo latín imperial foi abandonado polos historiadores da literatura latina, aínda que pode aparecer en obras marxinais. A Idad de Prata estendeuse un século e os últimos catro séculos representan o latín tardío.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Roberts (1996), p. 537.
  2. "Late Latin". Webster's Third New International Dictionary. Volume II, H to R. Chicago: Encyclopædia Britannica, Inc. 1961. 
  3. "Late Latin". The American Heritage Dictionary of the English Language (3rd ed.). Boston, New York, London: Houghton Mifflin Company. 
  4. Auerbach (1958), Chapter 1, Sermo Humilis.
  5. Harrington, Karl Pomeroy; Pucci, Joseph Michael (1997). Mediaeval Latin (2nd ed.). Chicago: University of Chicago Press. p. 67. ISBN 0-226-31713-7. The combination of features specific to Vulgar Latin and Ecclesiastical Latin had the effect, then, of transforming the language by the fourth century into something of extraordinary vigor. 
  6. Meillet (1928), p. 270: "Sans que l'aspect extérieur de la langue se soit beaucoup modifié, le Latin est devenu au cours de l'epoque impériale une langue nouvelle."
  7. "Harper's New Monthly Magazine, Monthly Record of Current Events" I. 1850: 705. 
  8. Ethan Allen Andrews; William Freund (1851). A Copious and Critical Latin-English Lexicon: Founded on the Larger Latin-German Lexicon of Dr. William Freund; with Additions and Corrections from the Lexicons of Gesner, Facciolati, Scheller, Georges, Etc. Harper & Brothers. 
  9. Fowler, Harold North (1903). A History of Roman Literature. New York: D. Appleton and Co. p. 3. The third or Imperial Period lasts from 14 A.D. to the beginning of the Middle Ages. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Auerbach, Erich (1965). Literary Language and its Public in Late Latin Antiquity and in the Middle Ages. Bollingen Series LXXIV. Trans. Ralph Mannheim. Pantheon Books. 
  • Meillet, Antoine (1928). Esquisse d'une Histoire de la Langue Latine. París: Hachette. 
  • Roberts, Michael (1996). "The Latin Literature of Late Antiquity". En Anthony, Frank; Mantello, Carl; Rigg. Medieval Latin: an introduction and bibliographical guide. Catholic University of America Press. pp. [1] 537–546. 
  • Teuffel, Wilhelm Sigismund; Schwabe, Ludwig (1892). Teuffel's History of Roman Literature Revised and Enlarged. II, The Imperial Period. Trans. George C. W. Warr (from the 5th German ed.). Londres: George Bell & Sons.