Pavl Nikolaievich Evdokimov, nado en San Petersburgo o 2 de agosto de 1901 e finado o 16 de setembro de 1970 en Meudon foi un teólogo ruso pertencente á Igrexa Ortodoxa.

Infotaula de personaPavl Evdokimov
Nome orixinal(ru) Павел Николаевич Евдокимов Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1901 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Meudon, Francia Editar o valor em Wikidata
Presidente Syndesmos (en) Traducir
John Meyendorff (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeologia da Igreja Ortodoxa Oriental (pt) Traducir e filosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , teólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSt. Sergius Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTomoko Faerber-Evdokimov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMichel Evdokimov (pt) Traducir, Nina Pecheff-Evdokimoff (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Marcado polo asasinato do seu pai en 1907, ingresou na Escola de Cadetes, pasando longos retiros en mosteiros ortodoxos. Inicia estudos de teoloxía en Kíiv e combate durante dous anos no exército branco. Trala derrota, estivo exiliado en Constantinopla e finalmente chega a París en 1923, onde traballa de taxista, pinche, quenda nocturna na Citroën, limpeza de vagóns, conseguindo sobrevivir para licenciarse en filosofía na Sorbona e teoloxía no Instituto de San Serxio. A súa tese foi sobre Dostoievski e o problema do mal. Durante a segunda guerra mundial implícase no Comité intermovementos de axuda aos evacuados; e durante a posguerra organiza unha casa de acollida aos refuxiados en Bievres. Colaborou con varias iniciativas humanitarias e foi profesor do Instituto de Estudos Ecuménicos e no Consello Ecuménico das Igrexas. Foi invitado como observador ortodoxo ao Concilio Vaticano II.

Pensamento editar

Para Pavl Evdokimov, tanto o existencialismo de Jean Paul Sartre, a psicanálise de Sigmund Freud e a filosofía de Feuerbach ou Nietzsche teñen posto de manifesto que o home, arrebolado a un mundo inxusto e hostil dimite e busca unha evasión en ribeiras máis consoladoras. Deus é unha proxección que protexe ao home do enfrontamento co real. Porén, para Evdokimov o ateísmo non contén ningunha explicación construtiva da existencia. Só o marxismo coa súa promesa solidaria de futuro permite rachar o círculo pechado da existencia humana, pero cae tamén no mito dun Paraíso na terra afastado da función do real e do home concreto e inerme, e se desliza cara a un antiteísmo militante que denota un estado pasional netamente patolóxico.

Pero Evdokimov é tamén crítico cunha teoloxía que reduce a Deus a un dato exterior ao Cosmos e á existencia e o converte no fundamento dun sistema de prohibicións inimigo da felicidade, orixe de tabús sociais e coartada para a opresión dos poderosos. No mellor dos casos o cristianismo é unha das formas sociolóxicas típicas, un exemplo chocante de alienación, o que explica o seu fracaso.

Fronte a todo isto Evdokimov presenta como promesa liberadora a tradición dos Pais da Igrexa, en especial os orientais:Gregorio Nacianceno, Gregorio de Nisa, Xoán Crisóstomo...e unha visión renovada e actualizada da teoloxía bizantina, en particular Gregorio Palamas e Nicolás Cabasilas. Un pensamento que non separa mística de teoloxía, experiencia e dogma. O cristianismo, para ser fiel a si mesmo, debe volver a estas fontes da vida espiritual e poder dar unha resposta auténtica ás inquedanzas individuais e sociais da persoa. Esa resposta debe ser ofrecida dende a debilidade propia da Cruz, partindo da base de que Deus acepta ser rexeitado, descoñecido, desbotado, evacuado da súa propia creación.

Obras editar

  • Dostoïevsky et le problème du mal
  • La Femme et le salut du monde
  • L´Orthodoxia
  • Les Ages de la vie spirituelle
  • L´Art de icône, théologie de la beauté
  • L´Amour foeu de Dieu
  • L´Boission ardent

Véxase tamén editar

Bibliografía editar