Iulius Paulus Prudentissimus foi un dos máis influentes e distinguidos xuristas romanos. É tamén coñecido como Paulo. Ademais, foi pretor,[1] servindo na época da Dinastía Severa do Imperio romano.

Infotaula de personaPaulo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoAntes de 211 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Padua Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 223 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Prefeito do pretório (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século III Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJúlia Cornélia Paula (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pouco é o que se coñece da vida e familia de Paulo. Foi un descendente dunha familia grega que orixinalmente viña dunha descoñecida vila fenicia ou de Patavium, actual Padua, Italia. A posibilidade que esta última sexa a orixe baséase nunha inscrición atopada nunha estatua deste lugar, en honor a Paulo.[2]

Durante os reinados dos emperadores Septimio Severo e Caracalla, Paulo serviu como xurista. Estivo exiliado polo emperador Heliogábalo, pero rescatado do mesmo por Alexandre Severo. Severo e a súa nai, Xulia Mamea en 222, nomearon a Paulo como un dos conselleiros do emperador entre 228-235. Paulo foi o Prefecto do pretorio da Garda Pretoriana. Paulo foi contemporáneo ao xurista Ulpiano. Paulo aparentemente seguiu a carreira do ex pretor prefecto Papiniano. Grazas á súa cautela en opinión política, o emperador Gordiano III outorgoulle o título honorífico de Prudentissimus.[3]

Traballo de Paulo editar

O xurista romano Herenio Modestino describe a Paulo, xunto con Ulpiano e Quinto Cervidio Escévola, como un dos grandes xuristas romanos do seu tempo.

Paulo escribiu 319 publicacións xurisprudenciais. O seu traballo foi bastante prolífico, no que expresaba non só análise do disposto por outros xuristas, senón que tamén daba o seu punto de vista. Escribiu sobre unha gran variedade de temas e deixou un legado de coñecemento xurídico.

Paulo, no seu traballo, comentou sobre Xavoleno Prisco, Quinto Cervidio, Marco Antistio Labeón, Salvio Xuliano e Papiniano. Tamén citou aos xuristas Macer e Herenio Modestino. Paulo escribía cun estilo condensado e mesmo escuro. As súas publicacións sobreviviron por fragmentos, polo que se necesita dun gran coidado na lectura para ser entendido.

Estes traballos foron considerados, xunto cos doutros cinco xuristas, para facer a lei de citas no ano 426 polos emperadores romanos Teodosio II e Valentiniano III. Outro legado foron os escritos que contribuíron a compoñer o Dixesto, escrito e compilado no período do emperador Xustiniano I no século VI.

Unha sexta parte do Dixesto, está baseado no traballo de Paulo, que é o segundo xurista máis citado nesa obra, logo de Ulpiano, sumando entre ambos a metade das citas da obra.

Dos traballos de Paulo que sobreviviron, as Sententiae e Filium son as que teñen fragmentos dun maior tamaño.[2]

Notas editar

  1. (Conte 1999, p. 616)
  2. 2,0 2,1 (Smith 1870, pp. 155-157)
  3. (Smith 1870, p. 156)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar