Xavoleno Prisco foi un xurista que viviu entre os séculos primeiro e segundo despois de Cristo, tamén coñecido como Gaio Octavio Tidio Tosiano Iavoleno Prisco, e foi membro do concilio de Traxano.

Infotaula de personaXavoleno Prisco
Nome orixinal(la) Gaius Octavius Tidius Tossianus Lucius Iavolenus Priscus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento60 Editar o valor em Wikidata
Morte120 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Gobernador romano
89 – 92
← Lúcio Antônio Saturnino (pt) Traducir
Cónsul sufecto
86 – 86 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I Editar o valor em Wikidata)
MovementoSabinian school (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCneu Aruleno Célio Sabino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosSalvius Julianus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarLegado (Roma antiga) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Discípulo de Celio Sabino, sucedeuno como director da Escola Sabiniana, que seguía as doutrinas de Gaio Ateio Capitón. Os seus discípulos máis prominentes foron os xuristas Salvio Xuliano, Aburno Valente e Tusciano.

Foi pretor das provincias de África e Siria antes de unirse ao consello do emperador. Morreu nos últimos anos do reinado de Traxano ou nos primeiros de Hadriano, e Plinio afirma que se volveu tolo.

A orixinalidade da obra de Xavoleno pódese admirar nos 14 libros de Epistulae, de onde vén o proverbio en D.50.17.202: "En Dereito Civil toda definición é perigosa, pois é difícil que non teña que ser alterada". Ademais Xavoleno escribiu os quince Libri ex Cassio, onde xulga as sentenzas deste, e os cinco ex Plautio, así como un epítome e comentario crítico sobre os Libri posteriores de Antistio Labeón.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar