Marco Antistio Labeón
Marco Antistio Labeón, nado no -43 e finado no 10 ou 11, foi un xurista romano contemporáneo de Augusto, discípulo de Gaio Trebacio Testa e fundador da escola proculeiana, antes que o seu rival Capitón, quen o considera legum atque morum populi romani iurisque civiles adprime doctior.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I a. C. |
Morte | 10 |
Senador romano | |
Senador | |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereito romano e direito privado (pt) |
Ocupación | xurista, avogado, político, escritor |
Período de tempo | República Romana Tardía e Alto Imperio Romano |
Profesores | Caio Trebácio Testa (pt) e Aulus Ofilius (en) |
Familia | |
Pai | Pacuvius Antistius Labeo |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarLabeón é, en efecto, o xurista máis insigne dos primeiros anos do Principado; con el iníciase a etapa clásica central, ou de apoxeo, do Dereito romano. O seu pai (Pacuvio Labeón), xurista tamén, fora un fervoroso republicano, amigo de Bruto, e un dos primeiros en se conxurar contra Xulio César, morrendo pola súa propia man trala derrota de Filipos. Labeón permaneceu fiel ao ideal republicano herdado do seu pai; por esta razón, apenas ascendeu no cursus honorum: o ano 18 formou parte da comisión encargada por Augusto de facer unha nova lista de senadores (lectio senatus); obtivo a pretura, pero rexeitou o consulado que lle ofreceu Augusto, dedicándose de maneira total á súa vocación de xurista.
Escritor fecundo e orixinal, versado en gramática, literatura, filosofía e dialéctica, Labeón deixou unha obra inmensa, en máis de 400 libros, dos que se conservan referencias a través doutros xuristas (Ulpiano, Paulo, Xuliano), que citaban as súas opinións, o que permite apreciar a autoridade e o influxo das súas obras na xurisprudencia posterior.
Obras
editar- Libri de iure pontificio.
- Responsa.
- Epistulae.
- Pithana.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- A. FERNÁNDEZ BARREIRO. Marco Antistio Labeón
- A. PERNICE, Labeo, I, Halle 1873, 7 ss.
- P. DE FRANCISCI, Storia del Diritto romano, Milán 1944, 417 ss.
- W. KUNKEL, Herkunft und soziale Stellung der römischen Juristen, Weimar 1952, 32 ss.
- L. WENGER, Die Quellen des römischen Rechts, Viena 1953, 496 ss.
- A. GUARINO, Labeone giurista meridionale, «Labeo» I, Nápoles 1955, 49 ss.
- V. ARANGIO-RUIZ, Storia del Diritto romano, Nápoles 1957, 278 ss. ; 293.