Paul Kammerer (17 de agosto de 1880, en Viena – 23 de setembro de 1926, en Puchberg am Schneeberg) foi un biólogo austríaco que estudou o lamarckismo e era un dos seus partidarios, a teoría que di que os organismos poden pasar á súa descendencia características que adquiriron ao longo da súa vida, o que significa que a variación sería dirixida cara a crear adaptacións.

Infotaula de personaPaul Kammerer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1880 Editar o valor em Wikidata
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1926 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Puchberg am Schneeberg, Austria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Academia de Belas-Artes de Viena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Kammerer-552

Biografía

editar

Educación

editar

Empezou a súa carreira académica na Academia de Viena estudando música pero graduouse cun grao en bioloxía.[1]

Investigacións biolóxicas

editar

Os traballos de Kammerer en bioloxía principalmente consitiron en alterar a crianza e desenvolvemento de anfibios. Fixo que a píntega común (Salamandra salamandra) ovovivípara adquirise certas características máis propias da píntega alpina Salamandra atra vivípara, e viceversa.[2][3]

Noutros experimentos menos coñecidos, manipulou e criou o anfibio cavernícola Proteus anguinus. Fixo que estes anfibios producisen crías vivas e exemplares de cores escuras e con visión completa. Apoiou a teoría do lamarckismo da herdanza dos caracteres adquiridos, e experimentou intensamente nun intento de probar a súa teoría.[4]

Kammerer conseguiu criar sapos Alytes na auga incrementando a temperatura dos seus tanques, forzándoos a retirarse da auga para refrescarse. O macho non estaba xeneticamente programado para o apareamento baixo auga así que no lapso de dúas xeracións, Kammerer informou que os seus sapos xa posuían calosidades nupciais nos pés para darlles máis tracción no seu proceso de apareamento baixo a auga.

Aínda que os devanceiros prehistóricos dos sapos Alytes teñen calosidades nupciais, Kammerer considerou que as calosidades eran caracteres adquiridos debido á adaptación ao ambiente.[4]

Acusacións de fraude

editar

Algúns científicos afirmaron que o resultado do experimento cos sapos fora falsificado. A máis notable destas acusacións fíxoa o Dr. Gladwyn Kingsley Noble, curador de réptiles do Museo Americano de Hisoria Natural, na revista científica Nature. Despois dun exame microscópico, Noble afirmou que as calosidades negras en realidade tiñan unha explicación máis mundana: foran simplemente inxectadas con tinta chinesa.[5]

Nunha carta, Kammerer afirmou que despois de ler o artigo de Noble, el reexaminou o seu espécime e confirmou que se inxectara tinta chinesa nas súas calosidades.[6] Kammerer suxeriu que os seus espécimes foran alterados por un axudante de laboratorio.[7] O criminólogo Edward Sagarin escribiu, "Kammerer mantivo a súa total inocencia e declarou a súa ignorancia da identidade do falsificador. Aínda hai dúbidas sobre se un axudante servizal (ou hostil) foi o responsable da falsificación, pero a credibilidade científica de Kammerer quedou, non obstante, danada irremediablemente".[8]

O historiador da ciencia Peter J. Bowler escribiu que a maioría dos biólogos cren que Kammerer era unha fraude e os outros afirman que malintepretou os resultados dos seus experimentos.[9]

Teoría da serialidade

editar

Outra paixón de Kammerer era coleccionar coincidencias. Publicou un libro co título Das Gesetz der Serie[10] (A lei das series, traduido ao inglés por Jason David Bulkeley co título "The Law of Seriality") no cal relata unhas 100 anécdotas de coincidencias que o levaron a formular a súa teoría da serialidade.

Postulaba que todos os eventos están conectados por ondas de serialidade. Forzas descoñecidas causarían o que se percibe como os picos ou agrupacións de coincidencias. Sábese que Kammerer tomou, por exemplo, notas en parques públicos do número de persoas que pasaban, cantos levaban parasoles etc. Albert Einstein consideraba esta idea da serialidade "interesante, e de ningunha maneira absurda",[11] e Carl Jung fixo uso do traballo de Kammerer no seu ensaio Synchronicity. Arthur Koestler informou que cando estaba investigando para facer a súa biografía de Kammerer, foi sometido a "unha chuvia de meteoritos" de coincidencias, como se o fantasma de Kammerer estivese sorríndolle a el e dicindo: "Xa cho dixen!"[12]

A explicación estándar é que os eventos que observou son simplemente independentes e naturais, e agrúpanse espontaneamente e invitablemente con algunhas probabilidade menor de acordo coa distribución de Poisson o que caracteriza o agrupamento de Poisson.[10] A ciencia estándar tn ferramentas máis que suficientes para explicar as series ou explosións en diferentes procesos.[13]

Seis semanas despois da acusación feita por Noble, Kammerer suicidouse no bosque de Schneeberg,[4] un suceso que foi discutido por Arthur Koestler no seu libro sobre Kammerer e as súas teorías.[1]

Posteriores controversias

editar

Intentos de reproducir os experimentos de Kammerer

editar

O biólogo lamarckista Ernest MacBride apoiaba os experimentos de Kammerer pero comentou que terían que ser repetidos para ser aceptados por outros científicos.[14] O zoólogo británico Harold Munro Fox intentou replicar algúns dos experimentos de Kammerer mais obtivo resultados negativos.[15] O profesor de bioloxía Harry Gershenowitz tamén intentou duplicar o experimento de Kammerer cunha especie relacionada, Bombina orientalis, pero tivo que dar por terminado o eperimento antes do seu final por falta de fondos.[16]

O libro The Case of the Midwife Toad

editar

O interese por Kammerer reviviu en 1971 coa publicaciónn do libro de Arthur Koestler The Case of the Midwife Toad (midwife toad é o nome común en inglés do sapo Alytes). Koestler pensaba que os experimentos de Kammerer sobre este sapo puideron ser manipulados por un simpatizante nazi na Universidade de Viena. Certamente, como escribe Koestler, "os Hakenkreuzler, os portadores da esvástica, como se lles chamaba aos nazis austríacos dos primeiros días, estaban aumentando o seu poder. Un centro de fermento era a Universidade de Viena,[17] onde nos desfiles de estudantes matinais tradicionais dos sábados, disputábanse batallas sanguentas. Kammerer era coñecido polas súas conferencias públicas e artigos en xornais como un ardente pacifista e socialista; tamén era sabido que ía construír un instituto na Rusia soviética. Un acto de sabotaxe no laboratorio estaría… acorde co clima [político] daqueles días."

As afirmacións de Koestler foron criticadas pola comunidade científica.[18] Gordon Stein indicou:

O libro de Koestler ofrece evidencias que exoneran a Kammerer, mentres que quitan importancia ou ignoran as evidencias contra el.... [A súa] propia axenda oculta pode ser que se Kammerer estaba no certo, entón a idea de Lamarck de que os caracteres adquiridos poden herdarse queda fortalecida. A idea lamarckista apoia moitas ideas que promoven as bases teóricas da parapsicoloxía. Kammerer estaba bastante interesado no estudo das coincidencias, como tamén o estaba Koestler.

Como consecuencia da refutación de Noble, o interese pola herdanza lamarckista diminuíu excepto na Unión Soviética, onde era defendida por Trofim Lysenko (ver lysenkoísmo).

Outras interpretacións

editar

Sander Gliboff, un historiador da bioloxía e profesor do Departamento de Historia e Filosofía da Ciencia da Universidade de Indiana, comentou que aínda que se probou que as conclusións de Kammerer son falsas, as súas evidencias eran probsblemente xenuínas e el simplemente non argumentaba a favor do lamarckismo e contra o darwinismo tal como as teorías se coñecen agora. Máis ben, máis alá do escándalo, a historia móstranos moito sobre as teorías en competición da evolución biolóxica e cultural e a gama de novas ideas sobre herdanza e variación na bioloxía de inicios do século XX e os cambios no enfoque experimental que ocorreron desde entón.[19]

En 2009 o biólogo do desenvolvemento Alexander Vargas, profesor do Departamento de Bioloxía da Universidade de Chile, suxeriu que a herdanza dos caracteres adquiridos (herdanza lamarckista) que Kammerer informou que observara nos seus experimentos cos sapos podería ser auténtica e ser explicada polos resultados do campo emerxente da epixenética.[20][21] Kammerer podería así ser considerado, en realidade, o descubridor da herdanza epixenética non mendeliana, con modificacións químicas no ADN parental (como por medio da metilación do ADN) que se transmiten ás xeracións posteriores. Ademais, en opinión de Vargas, o efecto pai de orixe, que era pouco comprendido no tempo de Kammerer, podería ser explicado retrospectivamente, en relación a efectos similares observados noutros organismos. Non obstante, o profesor Gliboff da Universidade de Indiana argmentou despois que Vargas "construíu o seu modelo sen ler primeiro os artigos orixinais de Kammerer" e está "seriamente mal informado sobre o que Kammerer fixo e que eran exactamente os resultados" así que o modelo de Vargas "non pode explicar os resultados... dos que se informou orixinalmente...". Gliboff continuou poñendo moi en dúbida que se deba atribuír a Kammerer o descubrimento do efecto pais de orixe e afirma que "as inferencias históricas de Vargas sobre o asunto de Kammerer... [e] as reaccións negativas dos xenetistas... non se sosteñen e non resisten un escrutinio".[22]

A reinterpretación da obra de Kammerer á luz da epixenética, segue, pois, sendo polémica.

  1. 1,0 1,1 Koestler, Arthur (1973). The Case of the Midwife Toad. Vintage (first published 1971). ISBN 978-0394718231
  2. Encyclopaedia Britannica Paul Kammerer
  3. Embryo Project Encyclopedia. Paul Kammerer's Experiments on Salamanders (1903-1912)
  4. 4,0 4,1 4,2 Schmuck, Thomas (2000). "The Midwife Toad and Human Progress". En Hofrichter, Robert. Amphibians: The World of Frogs, Toads, Salamanders and Newts. New York: Firefly. pp. 212–213. ISBN 978-1-55209-541-6. 
  5. Noble, G. K. (1926). "Kammerer's Alytes". Nature 118 (2962): 209–211. Bibcode:1926Natur.118..209.. doi:10.1038/118209a0. 
  6. 6,0 6,1 Stein, Gordon. (1993). Encyclopedia of Hoaxes. Gale Group. p. 248. ISBN 0-8103-8414-0
  7. Oldroyd, David Roger. (1980). Darwinian Impacts: An Introduction to the Darwinian Revolution. Open University Press. p. 179. ISBN 978-0868400334
  8. Sagarin, Edward. (1977). Deviance and Social Change. Sage Publications. p. 115. ISBN 978-0803908055
  9. Bowler, Peter J. (2003). Evolution: The History of an Idea. University of California Press. pp. 265-266. ISBN 0-520-23693-9
  10. 10,0 10,1 Tomasz Downarowicz (ed.). "Law of series (Kammerer)". Scholarpedia.
  11. Arthur Koestler. (1972). The Roots of Coincidence. Vintage. p. 87. ISBN 978-0394719344
  12. Alister Hardy, Robert Harvie, Arthur Koestler. (1973). The Challenge of Chance: Experiments and Speculations. Hutchinson. p. 198.
  13. David J. Hand, (2014), The Improbability Principle: Why Coincidences, Miracles, and Rare Events Happen Every Day p. 40
  14. MacBride, Ernest (1929). Evolution. J. Cape & H. Smith. p. 38.
  15. Fox, Harold Munro (1923). "Dr. Kammerer's Ciona Experiments". Nature 112 (2818): 653–654. Bibcode:1923Natur.112..653F. doi:10.1038/112653b0. 
  16. Gerschenowitz, Harry (1983). "Arthur Koestler's Osculation with Lamarckism and Neo-Lamarckism" (PDF). International Journal of Heritage Studies 18: 1–8. 
  17. University 1938-1945
  18. Aronson, Lester (1975). "The Case of The Case of the Midwife Toad". Behavior Genetics 5 (2): 115–125. PMID 1093540. doi:10.1007/bf01066805. 
  19. Gliboff, Sander (2005). ""Protoplasm… is soft wax in our hands": Paul Kammerer and the art of biological transformation". Endeavour 29 (4): 162–167. PMID 16271762. doi:10.1016/j.endeavour.2005.10.001. 
  20. Pennisi, Elizabeth (4 September 2009). "The Case of the Midwife Toad: Fraud or Epigenetics?". Science 325 (5945): 1194–1195. PMID 19729631. doi:10.1126/science.325_1194. 
  21. Vargas, Alexander (2009). "Did Paul Kammerer discover epigenetic inheritance? A modern look at the controversial midwife toad experiments" (PDF). Journal of Experimental Zoology Part B: Molecular and Developmental Evolution 312 (7): 667–78. Bibcode:2009JEZB..312..667V. PMID 19731234. doi:10.1002/jez.b.21319. 
  22. Gliboff, Sander AO (2009). "Did Paul Kammerer discover epigenetic inheritance? No and why not". Journal of Experimental Zoology Part B: Molecular and Developmental Evolution 314 (8): 616–24. PMID 20853422. doi:10.1002/jez.b.21374. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar