O lysenkoísmo (ruso: Лысенковщина, Lysenkovshchina, AFI [lɨˈsɛnkəfɕːʲɪnə]; ucraíno: лисенківщина, lysenkivščyna, AFI [lɪˈsɛnkiu̯ʃtʃɪnɐ]) foi unha campaña política liderada polo biólogo soviético Trofim Lysenko contra a agricultura baseada na xenética e na ciencia na metade do século XX, rexeitando a selección natural en favor dunha forma de lamarckismo, e promovendo o uso de técnicas de vernalización e enxerto.

Trofim Lysenko falando no Kremlin en 1935. Detrás del están (de esqauerda a dereita) Stanislav Kosior, Anastas Mikoyan, Andrei Andreev e Joseph Stalin.

Máis de 3000 biólogos da corrente de pensamento principal en xenética foron despedidos ou encarcerados e numerosos foron executados na campaña soviética de supresión de opoñentes científicos.[1][2][3][4] O presidente da Academia de Agricultura Soviética, Nikolai Vavilov, que fora mentor do propio Lysenko, pero posteriormente foi denunciado por el, foi enviado a prisión e morreu alí, mentres que a investigación xenética soviética quedou destruída.[3][4] A investigación e ensinanza nos campos da neurofisioloxía, bioloxía celular, e moitas outras disciplinas biolóxicas quedaron moi prexudicadas ou foron prohibidas.

O goberno da Unión Soviética (URSS) apoiou a campaña e Joseph Stalin persoalmente corixiu un discurso de Lysenko para que reflectise o seu apoio polo que se coñecería como lysenkoísmo, malia o seu escepticismo sobre a afirmación de Lysenko de que toda ciencia está pola súa natureza orientada pola clase social. Lysenko serviu como director da Academia Lenin de Ciencias Agrícolas da Unión da URSS. Outros países do bloque do leste como a República Popular de Polonia, a República de Checoslovaquia, e a República Democrática Alemá aceptaron o lysenkoísmo como a "nova bioloxía" oficial, en diversos graos, como tamén fixo a República Popular da China durante algúns anos.

Contexto

editar
Véxase tamén: Lamarckismo e Herdanza mendeliana.
  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome gar57
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :2
  3. 3,0 3,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Soyfer Nature
  4. 4,0 4,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :3

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar