Paul Dukas
Paul Dukas, nado en París o 1 de outubro de 1865[1] e morto na mesma cidade o 17 de maio de 1935, foi un compositor francés da escola impresionista.
Paul Dukas | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Paul Abraham Dukas |
Nacemento | 1 de outubro de 1865 |
Lugar de nacemento | 1.º arrondissement de Paris |
Falecemento | 17 de maio de 1935 e 18 de maio de 1935 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | Crématorium-columbarium du Père-Lachaise |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Lycée Turgot e Conservatorio de París |
Ocupación | compositor, coreógrafo, pedagogo, profesor de música, profesor universitario e pianista |
Cónxuxe | Suzanne Pereyra |
Fillos | Adrienne Thérèse Dukas |
Coñecido por | O aprendiz de meigo, Ariane et Barbe-bleue e Piano Sonata |
Premios | Prix de Rome, Oficial da Lexión de Honra e Cabaleiro da Lexión de Honra |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Comezou a tocar o piano aos 5 anos pero non sentiu a súa vocación até os 14. En 1881 ingresou no Conservatorio de París[2] na clase de harmonía de Théodore Dubois. Desta época proceden algunhas páxinas inéditas: Un Air de Clytemnestre (1882) e Ouverture du Roi Lear (1883). En 1884 escoitou por primeira vez na orquestra o seu Ouverture pour Götz von Berlichingen. Ao ano seguinte foi admitido como alumno de composición de Ernest Guiraud e en 1886 obtivo un 1º Premio de contrapunto e fuga. En 1888 conseguiu o segundo Premio de Roma pola súa Cantata Velléda, pero negáronlle o primeiro Gran Premio ao ano seguinte, entón abandonou o conservatorio e dedicouse seriamente ao seu traballo. Escribiu tamén moitos artigos en revistas, que foron reunidos en 1948 baixo o título Escrits sur musique de Paul Dukas. Foi amigo e conselleiro de Isaac Albéniz[3][4].
Notas Editar
- ↑ Archives de l’état civil de Paris en ligne, 1er arrondissement. Partida de nacemento 1677, ano 1865 (en francés).
- ↑ Biografía do músico en IMDB (en inglés).
- ↑ Ficha da obra Cartas de Dukas a Albéniz en Dialnet.
- ↑ Dukas. Hoy 1 de octubre de 1865 nace el compositor Paul Dukas famoso por "El aprendiz de Brujo" (en castelán).
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Dukas |