Tony Aubin

compositor francés

Tony Aubin, nado o 8 de decembro de 1907 en París (Francia) e finado na mesma cidade o 21 de setembro de 1981, foi un compositor e director de orquestra francés. Destacou especialmente polas súas composicións de música para o cine.

Tony Aubin
Tony Aubin en 1930.
Nome completoTony Louis Alexandre Aubin
Nacemento8 de decembro de 1907
 9.º arrondissement de Paris
Falecemento21 de setembro de 1981
 12.º arrondissement de Paris
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise e Grave of Aubin-Aubert
NacionalidadeFrancia
Educado enConservatorio de París
Parella/sLouise Clavius-Marius (1ª muller)Francine Tremblot de la Croix (2ª muller)
PremiosPremio de Roma
Na rede
IMDB: nm0041355 Musicbrainz: ced0a214-62fb-43a4-a481-03e0bd61b2a8 Discogs: 1071289 Find a Grave: 44170192 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Clase de composición de Dukas. De esquerda a dereita cerca do piano: Pierre Maillard-Verger, Elsa Barraine, Yvonne Desportes, Tony Aubin, Pierre Revel, Georges Favre, Paul Dukas, René Duclos, Georges Hugon, Maurice Duruflé. Á dereita, sentados: Claude Arrieu, Olivier Messiaen.

Tony Aubin naceu o 8 de decembro de 1907 en París (Francia), fillo do avogado Anthony Aubin.[1] Entre 1925 e 1930 estudou teoría da música, contrapunto e orquestración e composición no Conservatorio de París con Samuel Rousseau, Noel Gallon e Philippe Gaubert e Paul Dukas respectivamente. En 1930 gañou o Prix de Rome pola súa cantata Actaeon, o que fixo engalar a súa carreira como compositor nesta década.[2]

Entre 1937 e 1944 foi director artístico de Paris Mondial.[3] En 1945 foi nomeado profesor de composición do Conservatorio de París, sucedendo a Jean Roger-Ducasse no posto que xa ocupara o seu profesor Dukas, permanecendo no carto ata 1977, e contandose entre os seus alumnos a Olivier Alain, Garbis Aprikian, Raynald Arseneault, Jocelyne Binet, Jacques Castérède, Pierre Cochereau, Marius Constant, Ginette Keller, Talivaldis Kenins, Yüksel Koptagel, Ron Nelson, Makoto Shinohara, ou o brigantino Carlos López García-Picos.[4]

Dirixiu numerosas composicións á fronte da Orchestre de la RTF entre 1945 e 1960.[3] En 1952 formou parte do xurado do Festival de Cannes.[5]

Despois da morte da súa primeira muller, Louise Clavius-Marius, casou coa súa alumna Francine Tremblot de la Croix (1938-), compositora e directora artística do Conservatorio de Rueil-Malmaison.

Obra editar

Artigo principal: Lista de obras de Tony Aubin.

A súa obra, fortemente influenciadas polo impresionismo de Ravel e Dukas, inclúe sonatas para piano, música de cámara, orquestral, vocal, así como unha importante produción de música radiofónica e cinematográfica.[2]

Composicións para o cine editar

Premios e recoñecementos editar

Tony Aubin foi elixido membro do Instituto de Francia en 1969, converténdose en presidente da Academia de Belas Artes en 1979. Foi condecorado coa Lexión de Honor, a Orde Nacional do Mérito e a Orde das Artes e as Letras.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 musimem.com (ed.). "Tony Aubin (1907-1981)" (en francés). Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 El Poder de la Palabra (ed.). "Tony Aubin" (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 Music Sales Classical (ed.). "Tony Aubin" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  4. Asociación Galega de Compositores (ed.). "López García-Picos, Carlos". Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  5. Festival de Cannes (ed.). "Tony Aubin" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén editar