O aprendiz de meigo (Dukas)

O aprendiz de meigo (en francés: L'Apprenti sorcier) é un poema sinfónico do compositor francés Paul Dukas composto en 1897 e baseado na balada homónima (Der Zauberlehrling en alemán) de Johann Wolfgang von Goethe. Trátase dunha obra orquestal que pertence ó estilo de música programática e representa a historia dun aprendiz que, sen permiso, enmeiga unha vasoira para que lle axude a cargar auga.[1]

O aprendiz de meigo.

A popularidade da peza medrou co filme Fantasia (1940) de Walt Disney, na que Mickey Mouse interpretou o papel do aprendiz.

  1. Schwartz, Manuela & Hopkins, G. W.: «Paul Dukas». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 [1980].

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar