Patrimonio da Humanidade en Chile

artigo de listas da Wikimedia
Localización dos sitios da Illa de Pascua na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Chile, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Chile ratificou a convención en 20 de febreiro de 1980, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade editar

Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Chile
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[3]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Parque Nacional Rapa Nui   Illa de Pascua 1995 715; i, iii, v
(Cultural)
02 Igrexas de Chiloé   Los Lagos 2000 971; ii, iii
(Cultural)
03 Barrio Histórico da Cidade Portuaria de Valparaíso   Valparaíso 2003 959; iii
(Cultural)
04 Fábricas de Nitrato de Humberstone e Santa Laura   Tarapacá 2005 1178; ii, iii, iv
(Cultural)
05 Cidade Mineira de Sewell   O'Higgins 2006 1214; ii
(Cultural)
06 Qhapaq Ñan, Camiños do Inca   ColVarios, compartido con
  Arxentina
  Bolivia
  Colombia
  Ecuador
  Perú
18°15′00″S 69°35′30″O / -18.25000, -69.59167
2014 1459; ii, iii, iv, vi
(Cultural)
07 Asentamento e momificación artificial da cultura chinchorro na rexión de Arica e Parinacota   Arica e Parinacota 2021 1634; iii, v
(Cultural)

Notas editar

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar