Os Camiños do Inca (en quechua, Qhapaq Ñan, que quere dicir: camiño do rei ou do poderoso ou camiño do Inca)[1] foi un sistema de camiños de enormes distancias na civilización incaica que vinculaba as cidades importantes da costa e da serra. Estruturouse con base en dous eixos lonxitudinais: do sector da cordilleira e do chairo costeiro. Este sistema dos incas non foi senón un bimilenario legado preincaico, potenciado durante o Imperio Inca, tanto para a totalidade desa organización de rutas, que superaban os 30 000 quilómetros, como para o camiño principal (de aproximadamente 5200 km de lonxitude).[2] Todos estes camiños atopábanse conectados a Cuzco, a capital do Tahuantinsuyo ou Imperio incaico, e facilitaban a súa comunicación cos distintos pobos anexados no marco do proceso expansivo inca e, ó mesmo tempo, constituían un efectivo medio de integración político–administrativa, socioeconómica e cultural. Dado que o Qhapaq Ñan interconectaba localidades tan distantes como Quito, Cuzco e Tucumán, os conquistadores españois empregárono durante o século XVI para invadir o Perú, Bolivia, Chile e as pampas da cordilleira arxentina.

Modelo:Xeografía físicaCamiños do Inca
Imaxe
Tiporede de estradas Editar o valor en Wikidata
Mapa
 18°15′S 69°35′O / -18.25, -69.59
Composto por
138
Características
Dimensións40.000 (lonxitude) km
AtravesaPerú, Chile, Bolivia, Colombia, Ecuador e Arxentina Editar o valor en Wikidata
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 11.406,95 ha
zona de protección: 663.069,68 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → América Latina-Caribe
Data2014 (38ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii), (iv) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador1459
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data16 de outubro de 2001
Identificador1578
Camiño do Inca no Perú.

O famoso «Camiño do Inca», que une a cidade de Cuzco co sitio arqueolóxico de Machu Picchu, é só unha parte mínima e intrarrexional da xigantesca rede de camiños incas.

  1. Qhapaq = poderoso, próspero, rexio: ñan = camiño. Diccionario de la Academia Mayor de la lengua Quechua, CQOSQO
  2. "Unesco designó al Camino del Inca como Patrimonio de la Humanidad". 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Moseley, Michael 1992. The Incas and their Ancestors: The archaeology of Peru. Thames and Hudson, Nova York.
  • Hyslop, John, 1984. Inka Road System. Academic Press, Nova York.
  • Andean World: Indigenous History: Culture and Consciousness de Kenneth Adrien.
  • Footprints Cusco e The Inca Trail Handbook de Peter Frost e Ben Box
  • Jenkins, David. "A Network Analysis of Inka Roads, Administrative Centers and Storage Facilities." Ethnohistory, 48:655–685 (Fall, 2001).

Ligazóns externas

editar