Partido Nacionaldemocrático de Alemaña

O Partido Nacionaldemocrático de Alemaña (en alemán: Nationaldemokratische Partei Deutschland) é un partido político alemán de extrema dereita fundado o 28 de novembro de 1964 como sucesor do Partido do Imperio Alemán.

Partido Nacionaldemocrático de Alemaña
Logo
AcrónimoNPD
Tipopolitical party in Germany e Beobachtungsobjekt
IdeoloxíaNeonazismo, Nacionalismo étnico, Panxermanismo, populismo de direita, Nacionalismo alemán, ultranacionalismo, Euroescepticismo, nacionalismo e Altermundismo
Data de fundación28 de novembro de 1964
Presidente/aFrank Franz (2014-) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aPeter Marx
Nº de membros3.358 (2019) Editar o valor em Wikidata
Eventos/Actividadessen etiquetar e sen etiquetar
SedeBerlín
PaísAlemaña
Na rede
https://npd.de/
Twitter: npdde Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Entre 1966 e 1969 entrou en sete Landtage, Baviera (15 deputados), Baden-Württemberg (12), Baixa Saxonia (10), Bremen (8), Renania-Palatinado (4) e Schleswig-Holstein (4). Nas eleccións federais de 1969 quedou sen representación no Bundestag co 4.3% dos votos e o partido entrou en crise quedando a partir de 1972 sen representación en ningún parlamento estatal.

Desde 1996 está dirixido por Udo Voigt e o NPD experimentou un avance electoral e estableceu acordos electorais con outro partido da extrema dereita, a Unión do Pobo Alemán para non competir electoralmente, así o NPD entrou no parlamento de Saxonia en 2004 co 9% dos votos e en 2006 (12 deputados) no de Mecklemburgo-Antepomerania co 7.3%. Nas eleccións federais de 2005 recibiu o 1.6% dos votos, conta con arredor de 6000 militantes (2006).

No ano 2003 o goberno e as dúas cámaras do parlamento tentaron ilegalizar o partido pero tras unha investigación descubriuse que unha parte dos dirixentes nacionais do partido eran axentes infiltrados do Ministerio do Interior e o Tribunal Constitucional non puido establecer cales eran as decisións xenuínas do partido e cales influenciadas polos axentes infiltrados para favorecer a súa ilegalización.

O NPD está contra a OTAN, é crítico coa Unión Europea e está contra a incorporación de Turquía nela, avoga por revisar as fronteiras de Alemaña para establecer o límite oriental na Liña Oder-Neisse.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar