Parque Nacional Natural Puracé
O Parque Nacional Natural Puracé atópase na Rexión Andina de Colombia pertencente á Cordilleira Central dos Andes en Colombia. A súa superficie forma parte dos Departamentos de Colombia do Cauca e o de Huila.
Puracé | |
Cráter do Volcán Puracé | |
Denominación | Parque nacional |
Localización | Departamentos de Cauca e Huila en Colombia |
Municipios máis próximos | Almaguer, Puracé, San Sebastían, Sotará, La Argentina, La Plata, Isnos, Soladoblanco e San Agustín. |
Área | 83.000 ha |
Ecosistemas principais | Selva Húmida do Piso Térmico Frío, Páramo, Super Páramo e Nival. |
Clima | Entre un piso térmico frío e o de neves perpetuas |
Temperatura | 4 a 15 °C |
Concas Hidrográficas | Río Magdalena, Río Cauca, Río Caquetá e Río Patía. |
Data de creación | 1961 |
Administrado por | Dirección de Parques Nacionais Naturais do medio ambiente de Colombia |
Dentro da magnífica paisaxe deste Parque Natural, érguese, egrexio, o Volcán Puracé. Tamén, nese mesmo Parque, está parte do Macizo Colombiano, onde nacen catro dos ríos máis caudaloss de Colombia: o río Magdalena, o Cauca e o Patía.
XeneralidadesEditar
É unha zona volcánica, reflectida nas numerosos depósitos axofrados. Abrangue trinta lagoas, ideais para curas de saúde e descanso. Está considerado a estrela hidrográfica colombiana, xa que nos seus cumes nacen os ríos Magdalena, Cauca e Caquetá. Fai parte do cinto andino declarado pola UNESCO reserva da biosfera en 1979.
Como chegarEditar
A Popayán, Capital do departamento do Cauca chégase vía aérea, dende Bogotá. Tómase logo a vía terrestre até a poboación que herdou o nome do volcán: Puracé. Son 44 44 quilómetros, e leva normalmente media hora. A estrada está en bo estado. De Puracé débese chegar ao punto denominao "El Crucero", e logo -a un quilómetro de distancia- a fermosa zona recreativa de Pilimbalá.
ComunidadesEditar
A súa zona de influencia serve de agocho indíxena á etnia Cocunuco, sector de Pilimbala, onde a mesma comunidade ofrece cómodos aloxamentos e comida típica. Tamén hai un asentamento indíxena guambino.
HidrografíaEditar
Este parque forma parte da rexión hidrolóxica do río Bravo, e nel atópanse as concas dos ríos río Pesquería|Pesquería]], Ramos, Santa Catarina e San Juan. Entre todos destaca o Santa Catarina xa que é o que máis se esparexe pola zona.
ClimaEditar
Está considerado entre un piso térmico frío e o de neves perpetuas.
FloraEditar
Os bosques cheos de porte pequeno, orquídeas, chusques, musgos, arbustos...
FaunaEditar
Dentro das especies que máis se destacan na área atopámonos o cóndor, o colibrí, o cervo coello, o cervo vermello, danta, o oso de anteollos, o armadillo, o papagaio de orellas amarelo, a papagaio de montaña, o mono ouveador, o esquío, a pava colorada e a pava mora.
Atractivos do LugarEditar
O Parque Nacional Natural ofrece o servizo de ecoturismo; conta coa infraestrutura para aloxamento no sector Pilimbalá con tres cabanas coa capacidade para seis persoas cada unha e catro espazos para camping coa capacidaade par cinco persoas cada tenda. Actualmente está aberto ao público.
Pódense facer as seguinte actividade eco turísticas:
- • Sendeirismo
- • Termalismo
- • Fotografía
- • Observación de fauna e flora
- • Contacto cultural