Parlamento de Cantabria

órgano lexislativo da comunidade autónoma de Cantabria

O Parlamento de Cantabria, denominado Asemblea Rexional de Cantabria (en castelán: Asamblea Regional de Cantabria) ata a reforma do estatuto de autonomía de 1998, é o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Cantabria. Os seus membros chámanse deputados e o seu cometido é o de representar os cidadáns cántabros. Son elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo, secreto e mediante circunscrición única que comprende toda a comunidade.

Parlamento de Cantabria
XI lexislatura

O Parlamento de Cantabria, na rúa Alta da cidade de Santander
Datos xerais
Ámbito Cantabria
Creación20 de febreiro de 1982
TipoParlamento autonómico (unicameral)
LímiteLexislatura de 4 años
Inicio de sesións22 de xuño de 2023
Liderado
Presidente Mª José González
desde o 22 de xuño de 2023
Presidente da
Cámara Baixa
Juan José Alonso
desde o 22 de xuño de 2023
Vicepresidente segundo Fco. Javier López
desde o 22 de xuño de 2023
Secretario primeiro Armando Blanco
desde o 22 de xuño de 2023
Secretario segundo Joaquín Gómez
desde o 22 de xuño de 2023
Composición
Membros35 deputados
(maioría absoluta: 18)
Parlamento de Cantabria - XI legislatura.png
Grupos representadosGoberno (15)      PP de Cantabria Oposición (20)     PRC 8     PSC-PSOE 8     Vox 4
Título primeiro, capítulo I do Estatuto de Autonomía cántabro
Eleccións
Última elección28 de maio de 2023
Sede(s)
Hospital de San Rafael
Calle Alta, 31-33
39008 Santander, España
Sitio web
parlamento-cantabria.es
Cronoloxía

X lexislatura

XII lexislatura
Patio interior

Sitúase en Santander, a capital de Cantabria, e a súa sede é o antigo Hospital de San Rafael, rehabilitado de forma integral para albergar o Parlamento.

Historia

editar
  • 1979: constitúese a Asemblea Mixta presidida por Justo de las Cuevas;
  • 1982: constitúese a Asemblea Rexional Provisional presidida por Isaac Aja;
  • 1983: constitúese a primeira Asemblea Rexional de Cantabria elixida por sufraxio directo;
  • 1998: a Asemblea Rexional de Cantabria pasa a denominarse Parlamento de Cantabria

Composicións históricas

editar

Funcións

editar

As súas funcións pódense dividir en tres apartados: lexislativas, de control e orzamentarias.

Lexislativas

editar

Neste apartado o parlamento ten o poder de:

De control

editar

Aquí incluiríanse:

Orzamentarias

editar

As funcións orzamentarias serían:

  • Realizar e aprobar os orzamentos da Comunidade.
  • Aprobar plans de fomento da actividade económica para o interese xeral de Cantabria.

Composición na XI lexislatura

editar

Resultado electoral

editar

Nas eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2023, celebradas o domingo 28 de maio, o Partido Popular de Cantabria gañou as eleccións, quedando o Partido Regionalista de Cantabria en segundo lugar, o Partido Socialista de Cantabria en terceiro lugar, e Vox en cuarto lugar. Deste modo, os resultados nas eleccións foron os seguintes:

 
Eleccións ao Parlamento de Cantabria de 2023
Partido Candidato Votos Deputados
  Partido Popular de Cantabria María José Sáenz de Buruaga 116 198 35,78 % 15   6
  Partido Regionalista de Cantabria Miguel Ángel Revilla 67 523 20,79 % 8   6
  Partido Socialista de Cantabria-PSOE Pablo Zuloaga 66 917 20,61 % 8   1
  Vox Leticia Díaz 35 982 11,08 % 4   2
Fonte: Junta Electoral de Cantabria [1]

Órganos do Parlamento na XI lexislatura

editar

A Mesa

editar
 
Mesa do Parlamento de Cantabria (XI lexislatura)
Cargo Titular Lista
Presidenta María José González Revuelta   PP Cantabria
Vicepresidente primeiro Juan José Alonso Venero   PP Cantabria
Vicepresidente segundo Francisco Javier López Marcano   PRC
Secretario primeiro Armando Antonio Blanco Toral   Vox
Secretario segundo Joaquín Gómez Gómez   PSC-PSOE
Fonte: Parlamento de Cantabria

Grupos parlamentarios

editar

A composición do parlamento de Cantabria elíxese nunha circunscrición única, formada por todo o territorio da comunidade autónoma. O número total de deputados é de 35, aínda que pode ter un número variable entre 35 e 45. Os deputados exercen o seu cargo durante catro anos e gozan de inviolabilidade por actividades realizadas no exercicio do seu cargo (votos, opinións, etc.).

 
Grupos parlamentarios (XI lexislatura)
Grupo Integrantes Voceiro Líder Escanos
Popular   Partido Popular de Cantabria Íñigo Fernández Mª José Sáenz de Buruaga 15
Regionalista   Partido Regionalista de Cantabria Pedro Hernando Miguel Ángel Revilla 8
Socialista   Partido Socialista de Cantabria-PSOE Pablo Zuloaga 8
Vox   Vox Leticia Díaz 4
Fonte: Parlamento de Cantabria

Xunta de Portavoces

editar
 
Xunta de Portavoces do Parlamento de Cantabria (XI lexislatura)
Cargo Titular Lista
Presidenta María José González Revuelta   PP Cantabria
Vicepresidente primeiro Alejandro Liz Cacho   PP Cantabria
Vicepresidente segundo Francisco Javier López Marcano   PRC
Secretario primeiro Armando Antonio Blanco Toral   Vox
Secretario segundo Joaquín Gómez Gómez   PSC-PSOE
Portavoces titulares
Portavoz do GP Popular Juan José Alonso Venero   PP Cantabria
Portavoz do GP Regionalista Pedro José Hernando García   PRC
Portavoz do GP Socialista Pablo Zuloaga Martínez   PSC-PSOE
Portavoz do GP Vox Cristóbal Palacio Ruiz   Vox
Fonte: Parlamento de Cantabria

Deputación Permanente

editar
 
Deputación Permanente do Parlamento de Cantabria (XI lexislatura)
Mesa do Parlamento
Cargo Titular Lista
Presidenta María José González Revuelta   PP Cantabria
Vicepresidente Alejandro Liz Cacho   PP Cantabria
Secretario Armando Antonio Blanco Toral   Vox
Titulares
Grupo parlamentario Titular Lista
GP Regionalista
8 membros
Miguel Ángel Revilla Roiz   PRC
Pedro José Hernando García
Paula Fernández Viaña
Francisco Ortiz Uriarte
Emilia María Aguirre Ventosa
Rosa Carmen Díaz Fernández
José Miguel Fernández Viadero
Ana Obregón Abascal
GP Popular
7 membros
(5 + 2 en Mesa)
María José Sáenz de Buruaga Gómez   PP Cantabria
Íñigo Fernández García
Isabel Urrutia de los Mozos
Lorenzo Vidal de la Peña López-Tormos
Pedro Gómez Gómez
GP Socialista
4 membros
Pablo Zuloaga Martínez   PSC-PSOE
Noelia Cobo Pérez
Paz Mercedes de la Cuesta Aguado
Joaquín Gómez Gómez
GP Vox
2 membros
(1 + 1 en Mesa)
Cristóbal Palacio Ruiz   Vox
Fonte: Parlamento de Cantabria[2]

Comisións

editar
 
Comisións do Parlamento de Cantabria
Comisión Presidencia Grupo
Desenvolvemento Rural, Gandaría, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente Pablo Diestro Eguren PRC
Economía e Facenda Lorenzo Vidal de la Peña López-Tormos PP
Educación e Formación Profesional José Miguel Fernández Viadero PRC
Emprego e Políticas Sociais Eva Salmón Calva PSC-PSOE
Estatuto dos Deputados e Deputadas Pedro José Hernando García PRC
Industria, Turismo, Innovación, Transporte e Comercio Pedro José Hernando García PRC
Obras Públicas, Ordenación do Territorio e Urbanismo Javier López Estrada PRC
Peticións Joaquín Gómez Gómez PSC-PSOE
Presidencia, Interior, Xustiza e Acción Exterior Pedro José Hernando García PRC
Regulamento Joaquín Gómez Gómez PSC-PSOE
Sanidade Paz Mercedes de la Cuesta Aguado PSC-PSOE
Universidades, Igualdade, Cultura e Deporte Noelia Cobo Pérez PSC-PSOE

Presidencia do Parlamento de Cantabria

editar
 
Patio interior.
 
María José González, actual presidenta do Parlamento de Cantabria.

O presidente do Parlamento de Cantabria ostenta a representación da cámara, asegura a boa marcha dos traballos, dirixe os debates, mantén a orde e ordena os pagos, sen prexuízo das delegacións que poida conferir.

Na XI lexislatura, a actual presidenta do Parlamento é María José González Revuelta. Dende a creación do Parlamento de Cantabria no ano 1982 houbo dez presidentes, os cales poden verse a continuación:

 
Presidentes do Parlamento de Cantabria
Lexislatura Presidente/a Partido Comezo de mandato Fin de mandato
Provisional Isaac Aja   UCD/ind.[n. 1] 20 de febreiro de 1982 27 de maio de 1983
I lexislatura Guillermo Gómez   AP 27 de maio de 1983 3 de xullo de 1987
II lexislatura Eduardo Obregón   PRC 3 de xullo de 1987 31de decembro de 1989[n. 2]
Adolfo Pajares   PP 2 de febreiro de 1990 18 de xuño de 1991[3]
VIII lexislatura 18 de xuño de 1991 22 de xuño de 1995
IV lexislatura 22 de xuño de 1995 8 de xullo de 1999
V lexislatura Rafael de la Sierra   PRC 8 de xullo de 1999 19 de xuño de 2003
VI lexislatura Miguel Ángel Palacio   PSC-PSOE 19 de xuño de 2003 21 de xuño de 2007
VII lexislatura 21 de xuño de 2007 16 de xuño de 2011
VIII lexislatura José Antonio Cagigas   PP 16 de xuño de 2011 18 de xuño de 2015
IX lexislatura Dolores Gorostiaga   PSC-PSOE 18 de xuño de 2015 20 de xuño de 2019
X lexislatura Joaquín Gómez   PSC-PSOE 20 de xuño de 2019 22 de xuño de 2023
XI lexislatura María José González   PP 22 de xuño de 2023 No cargo
María José GonzálezJoaquín GómezDolores GorostiagaJosé Antonio CagigasMiguel Ángel PalacioRafael de la SierraAdolfo PajaresEduardo ObregónGuillermo Gómez Martínez-CondeIsaac AjaJusto de las Cuevas

Regulamento da cámara

editar

Tras 12 anos de traballos, en 2007 reformouse o regulamento interno que regula á cámara, versión en uso desde 1983. Este novo regulamento pretendeu axilizar a actividade parlamentaria, impedir o transfuguismo e garantir o control ao Goberno, ademais de fixar un 0,7% do orzamento anual para a cooperación ao desenvolvemento.[4]

Transparencia

editar

O Parlamento de Cantabria é coñecido por ser o parlamento autonómico español máis transparente, cun 98,8%. [2].

Senador designado polo Parlamento de Cantabria

editar

Unha das funcións que desempeña o Parlamento de Cantabria é a designación do senador que debe representar a Cantabria, conforme ao previsto na Constitución e na forma que determine a Lei de Designación de Senadores en representación de Cantabria.[5]

A designación do senador cántabro produciuse o día 19 de xullo de 2023 no Parlamento de Cantabria. Así, elixiuse o representante proposto polo Partido Popular de Cantabria, Íñigo Fernández García.[6]

 
Fachada principal do edificio.
 
Corredor porticado.

A sede do Parlamento cántabro é o antigo Hospital de San Rafael, situado en Santander. Foi inaugurado como sede da institución o 2 de xullo de 1982. Anteriormente, o Goberno cántabro e o Parlamento compartían sede no antigo edificio da Deputación Provincial de Santander en Puertochico.

  1. Foi expulsado de UCD o 15 de marzo de 1982, xunto ao acabado de investir presidente José Antonio Rodríguez.
  2. Nas semanas que transcurriron entre a dimisión do presidente Eduardo Obregón e a elección do seu sucesor, o vicepresidente primeiro Ángel Duque asumiu provisionalmente as funcións propias da presidencia do órgano.

Referencias

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar